Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

EasyGas inaugura a nova gasolineira do Porriño



REDACCIÓN · PUBLICADO O 28 DE SETEMBRO DE 2021 · (0)



Dará traballo a dez persoas con discapacidade e dificultades para incorporarse ao mercado laboral, aínda que espera ampliar persoal nos próximos meses. Esta sucursal é a segunda que abre en Galicia a compañía vasca, tras inaugurar na Coruña a finais de 2017.


Hoxe abre esta nova estación de servizo situada na estrada A-55 saída 18. Con 2.656 m2 de superficie e seis chafarices trátase da primeira das tres inauguracións que preparan en terras galegas: espéranse aperturas en Vigo e Pontevedra. En palabras de Joseba  Barrenengoa, CEO de EasyGas, trátase “dunha boísima oportunidade. Decidimos centrar en Galicia parte do noso modelo porque cremos que funciona moi ben”.

De feito, foron moitos os transportistas galegos que coñeceron o nacemento de EasyGas coa primeira estación de servizo que a marca inaugurou na Autovía do Noroeste en Manzanal do Porto, na provincia de León. “Estou moi orgulloso do modelo que seguimos. Non é nada que non estivese inventado, pero é algo que non é habitual. O normal é que se unha condutora ou un condutor busca aforrar diñeiro ao encher o seu depósito, teña que servirse a súa gasolina, moitas veces de calidade mediocre, co que iso supón: mancharse, vivir situacións que poden rozar o perigo, fallos mecánicos pola pobre  aditivación e, sobre todo, destrución de emprego”. “As persoas necesitan persoas”, engade Barrenengoa.

A nova estación de servizo conta cunha marquesiña dividida en dúas zonas para cobertura da zona de chafarices e subministración, de 519 m2 e cunha altura de 6,30 metros —apta para a gran maioría de camións—. Preparáronse 12 posicións de carga onde poder encher diésel, gasolina sen chumbo 95 e  Adblue.  

O desembarco chega, ademais, con tres particularidades que diferencian á compañía vasca co modelo de gasolineira que se afianza en España: o persoal —EasyGas conta con persoal en cada unha das súas gasolineiras que axuda a cada cliente para encher e cobrar, a maioría persoas con discapacidade ou con problemas para incorporarse ao mercado laboral—, o seu prezo competitivo —uns 20 ou mesmo 25 céntimos menos que as grandes marcas do mercado—e a calidade do seu produto EXO P1000 —testado mellor carburante por un laboratorio independente—.  Polo momento, a gasolineira de Porriño contará cunha decena de traballadores —todas elas persoas con discapacidade, seguindo o negocio de converter as gasolineiras en centros especiais de emprego que seguiu durante máis de 20 anos— que axudarán a cada cliente. Espérase que proximamente, a medida que a sociedade galega coñeza o novo emprazamento, poidan ampliar con novo persoal.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)