Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Pódense cultivar determinados alimentos nas plantacións de eucalipto



REDACCIÓN · PUBLICADO O 28 DE SETEMBRO DE 2021 · (0)



Os experimentos da Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sustentable centráronse na rexeneración de chan de monocultivo de eucalipto e probaron unha sucesión de cultivos, aínda que todavía non especifican cales son. Os ensaios estenderanse ata finais deste 2021.


“Os traballos continúan con novas plantacións de outono e esperamos a finais de ano poder publicar os resultados que se completan coas análises de chan que permitan valorar os avances na rexeneración”, explican os investigadores.

Estanse centrando en investigar modelos de xestión no sistema agroalimentario introducindo criterios de sintropía e métodos de agricultura rexenerativa para abastecer a unha poboación en crecemento. Xunto coa Fundación Galicia Sustentable, a Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sustentable traballa na en restaurar ecosistemas deteriorados pola actividade humana, neste caso, plantacións intensivas de eucaliptos en monocultivo.

Co deseño e posta en marcha de diferentes parcelas experimentais búscase contrastar a hipótese de que é posible traballar con modelos de xestión agraria que dispoñen na contorna de todos os elementos necesarios para a produción de alimento. Os resultados preliminares mostran que é compatible o cultivo de determinados alimentos nas plantacións de eucalipto co que se estaría abrindo un camiño para unha transición que permita erradicar o monocultivo de eucalipto salvagardando a calidade e capacidade produtiva dos nosos chans.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)