Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Proxecto Libera caracteriza 2.800 residuos e 44 quilos de ‘basuraleza’ en 21 puntos da costa galega



REDACCIÓN · PUBLICADO O 28 DE SETEMBRO DE 2021 · (0)



A campaña de ciencia ciudadana “1m2 polas praias e os mares”, organizada por SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, mobilizou a máis de 4.500 voluntarios para caracterizar e liberar de basuraleza as costas españolas. As cabichas, as latas de bebida e as palliñas foron os residuos máis atopados.


Dende o 18 de setembro, coincidindo co Día Internacional de Limpeza de Praias, ata o pasado domingo, máis de 300 voluntarios galegos pariciparon na quinta edición da campaña co obxectivo de recopilar datos sobre a basuraleza atopada en praias e fondos mariños e caracterizando 2.877 residuos.

Nesta edición da campaña detacou o compromiso e a colaboración de organizacións e asociacións galegas como Ecovigilantes de Franciscanas de Ourense e o Concello de Nigrán. A nivel nacional, a campaña desenvolveuse en 258 puntos, logrando caracterizar 61.483 residuos e recoller 6,7 toneladas de basuraleza. Ademais, contou un ano máis co apoio da Raíña Sofía, quen colabora dende 2018 co Proxecto Libera a través da fundaciónque leva o seu nome. Tamén destaca a participación de organizacións como a Asociación Promemar, Avanfuer, Fundación Canarias Recicla, Asociación Terramare, Adesp, Adenex, Alnitak, Mater, Asociación Región de Murcia Limpia, ou ANSE. Xunto a iso, a colaboración cona Rede de Vixiantes Mariños, unha iniciativa da ONG Oceánidas, mobilizou preto 800 mergulladores voluntarios en 30 puntos do país (un en Galicia), conseguindo retirar un total de 1,8 toneladas de residuos dos fondos mariños.

Entre a basuraleza máis atopada e caracterizada, destacan as cabichas, as latas de bebida e as palliñas, cubertos ou vasos de plástico. Séguenlles as pezas de vidro e as botellas de plástico. Os participantes empregaron a aplicación móbil Marnoba, desenvolvida pola Asociación Vertidos Cero e KAI Marine Services para caracterizar a basuraleza.

Barómetro da Basuraleza 

Estes datos sumaranse aos máis de 430.000 obxectos xa caracterizados que Libera ha recopilou no seu Barómetro da Basuraleza, para integrarse así na base de datos dol Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miteco). “A basuraleza nas contornas mariñas é unha triste realidade que, como se coñeceu recentemente nun estudo, chega ata os pingüíns antárticos. Debemos tomar conciencia de que as nosas accións repercuten noutro lugar do planeta e debemos reflexionar sobreo noso actual modelo de produción e consumo para minimizar o impacto da nosa actividade sobre a biodiversidade. Campañas como as que poñemos en marcha dende o proxecto Libera axudan a tomar conciencia diso e cada ano estamos máis agradecidos da resposta da sociedade”, sinala Miguel Muñoz, coordinador do Proxecto Libera en SEO/BirdLife.

Pola súa banda, Sara Güemes, coordinadora do proxecto en Ecoembes destaca que esta quinta edición “pon de manifiesto o alto número de residuos que desafortunadamente se atopan abandonados nas nosas contornas, pero tamén o gran compromiso da cidadanía co planeta”. “Grazas a todos os voluntarios, organizacións e asociacións que puxeron o seu grao de area para coidar e protexer as nosas costas”, conclúe.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)