Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

23 novos operadores de lonxa



REDACCIÓN · PUBLICADO O 29 DE SETEMBRO DE 2021 · (0)



Tiveron clases prácticas na Lonxa e o Mercado do Porto de Vigo e realizaron prácticas no almacén de López Novoa sobre identificación, presentación, etiquetaxe e trazabilidade. Para visitar despois a depuradora de mariscos Campelo.


Con todo este curso foi só o primeiro paso. A intención é promover conxuntamente ACOPEVI, Porto e Universidade, a creación dun Certificado de Profesionalidade específico para os traballadores das lonxas pesqueiras

Esta formación básica está dentro do proxecto MarEnet, Crecemento Azul da Autoridade Portuaria de Vigo. Detecta necesidades formativas no ámbito marítimo- portuario e procura solventalas Neste caso, coa colaboración de  ACOPEVI (Asociación de Comercializadores de Peixe de Vigo), deseñouse un programa para dotar aos alumnos dos coñecementos básicos dun traballador de lonxa, os que debería coñecer.

De aí que o curso finalizado abordase aspectos com pesca extractiva, identificación de especies, primeira venda, grao de frescura, comercialización, seguridade e calidade alimentaria e xestión de residuos. En canto docentes pertencen ao equipo da Universidade de Vigo, concretamente ao Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, e á empresa especializada en formación “Ardora Formación”.

23 alumnos moi diversos

Desde traballadores de empresas socias de ACOPEVI, de firmas relacionadas co sector da alimentación, traballadores de empresas de consultoría que queren coñecer en detalle a actividade na Lonxa e desempregados que buscan atopar unha oportunidade.

Durante esta última xornada, Vázquez Almuiña estivo acompañado polo presidente e a xerente de  ACOPEVI, Juan López e Marisol  Landriz; o catedrático e docente en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos da Universidade de Vigo, Javier Carballo; a profesora titular do Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos,  Sidonia Martínez; Rita Pesqueria, por parte de  Ardora Formación; e os coordinadores do proxecto  MarEnet do Campus  do Mar e do Porto de Vigo; Carlos Botana, Francisco Barreiro e  Kais  Jacob. Ademais dos protagonistas, boa parte dos estudantes.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)