Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Casa e comida



REDACCIÓN · PUBLICADO O 29 DE SETEMBRO DE 2021 · (0)



Os primeiros resultados do Observatorio Cofidis Economía Doméstica poñen de relevo que o 48% do gasto dos fogares dedícase basicamente a dous aspectos: a vivenda, que de media supón 444 €/mes, e a alimentación, cun gasto medio de 374 €/mes.


O terceiro lugar ocúpano os gastos en educación. No 60% hai algún gasto deste tipo e o seu custo medio mensual é de 150 €/mes. Séguenlle as subministracións, que supoñen un gasto medio de 137 €, e transporte, 113 €/mes. As cifras saen dunha dunha enquisa realizada a 2.000 españois.

Tamén o lecer implica unha partida considerable: un 87% dos fogares enquisados dedican 109 € de media ao lecer diúrno. O seguinte concepto son os gastos en telecomunicacións, presentes no 98% dos fogares, cunha media de 83 €/mes. En roupa e calzado é de 77 €/mes e en compras ou gastos relacionados con afeccións como libros, música ou deportes, os fogares españois destinan 59 € de media. En coidados do fogar ou persoais o gasto é algo maior, 67 €/mes.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)