Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Executivas e Tecalis alíanse para a dixitalización



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE SETEMBRO DE 2021 · (0)



O proxecto conxunto que hoxe acordaron consta de varias fases para promocionar a transformación dixital nas organización ás que pertencen as máis de 250 directivas e executivas asociadas a Executivas. Nesta primeira incorpóranse as tecnoloxías Tecalis de Firma Electrónica e Comunicación Certificada nos procesos e operacións crave da Asociación.


“Unha organización como a nosa non pode estar á marxe do proceso de dixitalización. Somos conscientes do enorme valor que nos pode ofrecer Tecalis como empresa aliada nesta materia. Este é o primeiro proxecto, pero estou segura de que haberá moitos máis. Estamos en fase de crecemento e as ferramentas dixitais resúltannos imprescindibles” dixo Carla Reyes Uschinsky, Presidenta de Executivas de Galicia (á esquerda na imaxe).

A empresa compstelana, como partner dixital, proporciona tecnoloxía para transformar procesos e operacións e ser máis produtivos, podendo desenvolver actividades antes imposibles para elas. Isto está a posibilitar o crecemento e a expansión de decenas de organización. “Queremos alianzas con organizacións que potencien o talento feminino. Como compañía comprometida cos valores de igualdade  e diversidade, é todo un orgullo dotar da mellor tecnoloxía a unha asociación que xera cambio positivo tanto na economía como na sociedade”, dixo Berta Caro Mirás, Directora Corporativa de Bo Goberno & Responsabilidade Tecnolóxica e Empresarial de  Tecalis.

O proxecto continuará evolucionando en dúas vertentes: a inclusión de máis solucións e a transformación de procesos e actividades na Asociación, e da extensión a través de acordos destas tecnoloxías ás organizacións, institucións e compañías nas que traballan as súas socias.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)