Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Exporpymes reúne a 150 empresas e profesionais



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE SETEMBRO DE 2021 · (0)



Estarán representadas compañías de 30 países nunha edición centrada nos sectores de alimentación, bebidas e materiais de construción. A xornada presencial do 6 de outubro será Palexco, A Coruña. O día 7 será 100% en liña a través de  www.exporpymes2021.com


A importante capacidade exportadora das pemes galegas é un dos factores que pode contribuír a que Galicia salga antes da crise causada pola xestión pandemia. De xaneiro a xuño de 2020, as exportacións galegas alcanzaron un valor de 8.650,5 millóns de euros, unha diminución do 17,7% interanual.

A VIII Edición de Exporpymes é un evento empresarial deseñado pola Cámara da Coruña para promocionar no estranxeiro produtos galegos. Das case 150 empresas que participarán nesta edición, entre importadoras e exportadoras, preto de 30 pertencen ao sector da alimentación, preto de 40 ao das bebidas e preto de 10 ao da construción.

Xa confirmaron a súa participación máis de 70 importadores e profesionais de 30 países: Albania, Alemaña, Bélxica, China, Colombia, Dinamarca, Exipto, Eslovaquia, Estonia, Etiopía, EE. UU, Francia, Guatemala, Honduras, Irlanda, Italia, Xapón, Marrocos, México,  Nicaragua, Níxer, Noruega, Paraguai, Polonia, Reino Unido, República Checa, Turquía, Ucraína e Venezuela. Enmarcado no Programa Internacional de Promoción, a cita está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, e a Xunta a través do IGAPE e da Consellería do Mar.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)