Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Lidl inaugurou en setembro tres novas tendas, unha delas en Porto do Molle



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE OUTUBRO DE 2021 · (0)



A de Nigrán abriu o pasado xoves 30 na Rúa das Pontes xunto ao Centro de Negocios e a gasolineira, a primeira incursión da cadea na comarca do Val Miñor. En total, un investimento de 4,7 millóns de euros para a construción e o equipamento, actuacións que adxudicaron a empresas galegas como a construtora pontevedresa CHS ou a enxeñería coruñesa Cotecno.


A previsión é que este establecemento cubra a demanda de localidades como Baiona ou Gondomar, ademais do propio concello de Nigrán. A nova tenda ocupa nunha parcela de 4.790 metros cadrados, con dúas plantas e unha altura de sete metros. Con 80 prazas de aparcadoiro e horario entre as 9:00 e as 21:30 horas de luns a sábado xera 20 novos postos de traballo nun parque onde hai máis de 120 empresas instaladas.

O punto de venda conta cunha plataforma fotovoltaica e iluminación LED, o que a converte en tenda ecosostenible grazas tamén aos paneis solares instalados en 1.000 metros cadrados. Con esta apertura, a marca eleva a 34 as súas tendas en Galicia, onde sobresae a provincia pontevedresa, xa que concentra practicamente a metade. De feito, os últimos tres investimentos de gran envergadura da marca focalizáronse no suroeste da comunidade, tras destinar 2,1 millóns de euros a modernizar a súa tenda da Guarda; tras a apertura do supermercado máis grande da marca en Jacinto Benavente (Vigo), á que destinou 4,6 millóns de euros; e, agora, esta intervención no polígono de Porto do Molle.

A cadea alemana de supermercados prosegue plan de expansión nacional. Lidl investiu máis de 15 millóns de euros nos tres últimos proxectos (El Ejdio, Santander e Nigrán)que xeraron preto de 60 novos postos de traballo. Con estas, xa son 24 tendas as que puxo en marcha no que vai de ano, parte do plan de expansión para 2021-2024, onde prevé investir máis 1.500 millóns de euros para abrir 150 tendas e catro plataformas loxísticas.

 

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)