Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Novembro volver ser o mes das tapas en Santiago



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE OUTUBRO DE 2021 · (0)



Os locais que queiran participar poden rexistrarse ata o 9 de outubro á XIII do Santiago(é)Tapas. Este concurso, que como tantas cousas, tivo que ser suspendido no 2020 polas restricións, e supón unha oportunidade para dinamizar o sector antes do Nadal despois dun periodo duro. Esta edición, que será do 11 ao 28 de novembro, farase xunto coa segunda do Santiago(é)Cóctel.


O Santiago(é)Cóctel tamén está organizado por Hostalaría Compostela e patrocinado polas gamas de mixers e tónicas Royal Bliss, de Coca Cola, e a xenebra Áncora de Silleiro. Pola delicada situación económica que atravesa o sector tras 18 meses de restricións, reduciuse un pouco a cota de inscrición de ambos concursos, que pasa de 99 euros a 79 (IVE incluído).

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, presentaron esta mañá as dúas citas. A de tapas conta co patrocinio de Cervezas Alhambra que impulsa o premio “Maridaxe Cervezas Alhambra” dotado con 500 euros en produto e a oportunidade de participar nun showcooking nalgún dos eventos da marca. Tamén colaboranneste XIII Santiago(é)Tapas Cash Récord e Utimaq.

Canto o concurso de tapas haberá dúas modalidades (tapa tradicional e tapa creativa, ambas cun prezo de entre 1,50 e 3,50 euros), ao igual que na competición de cócteles, que terá dúas categorías (sen alcohol, cun prezo de 5 euros, e con alcohol, de 6 euros). Para fomentar o uso de produtos autóctonos e de proximidade, é requisito imprescindible de todas as tapas que inclúan na súa elaboración, cando menos, un produto pertencente a algunha das denominacións de orixe ou indicacións xeográficas protexidas de Galicia.

No caso dos cócteles deben tamén incluír na súa elaboración, cando menos, un produto galego Entre todas outorgaranse, mediante o voto do xurado profesional e do público, un primeiro e un segundo premio á tapa creativa, dotados con 1.000 e 500 euros; un primeiro e un segundo premio á tapa tradicional, tamén con 1.000 e 500; e o premio “Maridaxe Cervezas Alhambra”. Tamén hai premios do público á tapa creativa e á tapa tradicional, 700 euros cada un. E premiaranse dous cócteles, un con alcohol e outro sen alcohol, con 500 euros cada un. Ademais haberá dous premios para os que empreguen Royal Bliss nos seus combinados, de 600 euros cada un.

Tamén haberá agasallos para os consumidores que puntuarán as tapas e cócteles nas urnas habilitadas para tal fin nos locais participantes. Optarán a eles por completar as diferentes (é)tapas, que poderán percorrer. E haberá sorteo de regalos entre todas as papeletas de votación recibidas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)