Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os galegos consumimos máis produtos do mar frescos e en conserva durante 2020



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE OUTUBRO DE 2021 · (0)



Esta é a conclusión principal á que chegaron científicos da USC e da UVigo nun estudo no que recollen que pescadores e empresas pesqueiras “actuaron colectivamente para reafirmar os seus dereitos e proporcionar produtos do mar esenciais e de alta calidade á poboación”.


Para facer o traballo sintetizáronse múltiples fontes de información de toda a cadea de subministros de produtos do mar para evidenciar, por unha banda, as primeiras respostas do sector, e por outra, as variables de recuperación antes (durante o período 2015-2019) e durante 2020.

Nos meses de máis restricción do ano pasado do ano houbo un cambio no comportamento de consumo que aumentou de xeito significativo o gasto en produtos do mar frescos e en conservas durante o primeiro confinamento. Esta é a conclusión principal á que chegaron científicos da USC e da UVigo nun estudo que acaba de ver a luz na revista Frontiers in Marine Science e cuxo primeiro asinante é o investigador do Centro Interdisciplinar de Investigación en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS), Sebastián Villasante. “Galicia é unha das rexións marítimas máis importantes do mundo”, explica o profesor. “Os resultados do estudo poñen de manifesto como o comercio de produtos do mar viuse perturbado polos cambios bruscos tanto na demanda e a oferta, como nas limitacións no movemento de persoas e mercadorías, cunha ampla gama de impactos e consecuencias para o sector dos produtos do mar”.

Actuación colectiva

En 2020 constatouse un importante descenso no relativo aos desembarcos (-18% en volume e -14% en valor), á produción da acuicultura galega (-11% en volume e -12% en valor), ás importacións (-10% en volume e -11% en valor) e ás exportacións (-19% en volume e -16% en valor) de produtos do mar frescos, vivos e conxelados. Pola contra, a produción de conservas (+2% en volume e +10% en valor), así como as importacións (+10 e +6%, respectivamente) e exportacións (+17 e +26%, respectivamente) de produtos do mar preparados e en conserva rexistrou unha tendencia crecente durante a pandemia.

“A proximidade aos mercados, o investimento en cadeas de subministro nacionais ou próximas e o desenvolvemento de novas innovacións tecnolóxicas contribuíron a evitar a escaseza de alimentos e a perda de medios de vida en Galicia”, remata Villasante.

 

Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)