Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Comeza a rodaxe de “Rapa” con Movistar+ en colaboración coa produtora galega Portocabo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE OUTUBRO DE 2021 · (0)



A serie de suspense vén da man do mesmo equipo creativo de “Hierro”, a serie máis vista de 2021 en Movistar+. Está creada por Pepe Coira e Fran Araújo e dirixida por Jorge Coira coa coruñesa Portocabo na produción executiva. As tramas gravaranse en Cedeira e Ferrol. Hoxe visitaba a rodaxe o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones. 


Para a historia pensaron nun lugar onde se mesturan mar e terra, vento e calma, o que ofrece a costa atlántica. Na rodaxe a Comandancia  da Garda Civil da Coruña exerce como asesora técnica na rodaxe e planificación. Son seis episodios de 50 minutos e estrearase en 2022. 

A trama arrinca co asasinato da alcaldesa dun pobo galego, o que dará pé a unha investigación do crime, sendo Tomás, o personaxe interpretado por Javier Cámara (a única testemuña dos feitos.  Segundo os seus creadores, a serie é "a historia dun crime, e das razóns polas que alguén mata e polas que alguén investiga. Unha historia que reúne a unha serie de personaxes que nos atraía coñecer: o profesor frustrado que sente como un estímulo ser testemuña dun asasinato; a sarxento da xudicial que está no seu territorio cando vai á caza do culpable; os homes e mulleres involucrados, un grupo humano no que non é fácil distinguir quen é culpable e quen vítima".

Hoxe visitaba a rodaxe o delegado do Goberno que explicou que o Plan “España Hub Audiovisual Europeo” mobilizará  1.603 millóns para a cadea de valor da industria audiovisual. En canto á produción, o Ministerio de Cultura acaba de conceder as axudas a produción de longametraxes que apoiarán 3 proxectos promovidos en Galicia cun investimento  próximo aos 800.000 euros. Trátase da convocatoria de 2021 do  ICAA que seleccionou 47 proxectos, dous deles son longametraxes de ficción mentres que outro foi seleccionado na categoría de proxecto experimental.  



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)