Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Deputación de Ourense e CEO renovan ExportOU



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE OUTUBRO DE 2021 · (0)



Este programa de apoio á exportación das empresas ourensás comezou en 2017, e continúa. Neste mes de novembro está xa prevista unha misión comercial con Reino Unido e Irlanda, así como a continuación do proxecto virtual ExportOU 360º .


ExportOU, que vai camiño dos 4 anos de traxectoria, favorece unha transición práctica cara ás empresas do futuro. Baltar destacou a colaboración público privada como “esencial para momentos económicos difíciles ,e a alianza entre Deputación e Confederación vén de lonxe, o que  facemos é fornecela”. E destacou que Ourense ten “empresas que son exemplo de  facer  ben as cousas neste ámbito, e a alta velocidade que chega nuns meses será un acicate para un  novo escenario. Por iso agradezo á presidenta da CEO e ó equipo directivo que miren sempre cara á Deputación nesa alianza estratéxica no territorio”.

Axudar ao tecido empresarial ourensán e contribuír ás transicións ecolóxica e dixital proxectando a súa imaxe internacional son osobxectivos específicos desta nova etapa de  ExportOU para o ano 2022, cuxa renovación foi subscrita esta mañá entre os representantes das entidades que impulsan este proxecto, José Manuel Baltar por parte da Deputación, e Marisol Nóvoa pola Confederación Empresarial.  Nóvoa dixo que “agradezo a constante implicación da Deputación coas necesidades do empresariado, ademais que grazas a este convenio fomentamos a exportación e este ano potenciamos a Marca Ourense implicando a 3  denominacións de  orixe, Ribeiro, Monterrei e Valdeorras e empezaremos en  novembro os contactos con Reino Unido e Irlanda para organizar  misións  comerciais con ambos os países”. 

O obxectivo último desta renovación é darlle continuidade a unha plataforma como ExportOU que engloba recursos, formación, información, asesoramento e accións concretas para axudar ás pemes ourensás no seu camiño na procura de mercados exteriores. 

Accións en marcha

Enfilando a recta final do ano, o equipo técnico da Confederación que desenvolve o programa está a traballar en actuacións concretas desde a semana pasada, como a preparación dunha acción promocional e comercial en Reino Unido e Irlanda para poñer en valor aos Consellos Reguladores e adegas que forman parte de  ExportOU.

Dividida en dúas fases, na primeira delas identificáronse potenciais partners en destino, aos que se destinou unha campaña de email márketing e de proximidade. A segunda fase será a misión virtual do mes de novembro con entrevistas B2 B entre as adegas das denominacións Monterrei, Ribeiro e Valdeorras, que forman parte da iniciativa ExportOU 360º. Este proxecto de realidade virtual que se desenvolveu nunha primeira etapa coas adegas e viñedos de Valdeorras e Ribeiro, está xa en fase de probas para as adegas que participaron da DO Monterrei. Para novembro está a planificarse tamén unha xornada pública e conxunta con importadores, entidades colaboradoras e adegas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)