Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

GaliciaTIC reivindica o innegable: o estratéxico do sector tecnolóxico



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE OUTUBRO DE 2021 · (0)



O foro tecnolóxico galego organizado por INEO inaugurou esta mañá a 19ª edición na Cidade da Cultura cun debate sobre retos dixitais inmediatos para Galicia con representantes da Xunta e da iniciativa privada. O presidente de INEO, Luís A. Álvarez-Sestelo, amosou preocupación porque os fondos Next europeos "sexan utilizados en infraestruturas e non se orienten ao valor que xeran as empresas".


Mesas de debate, relatorios e “webinars” que tratarán sobre a intelixencia artificial, as sinerxias entre esferas públicas e privadas no proceso de dixitalización e a atención social dixital protagonizan a xornada de mañá.

O compás dixital europeo, a planificación dos fondos Next  Generation, a xestión do talento, a sustentabilidade ou a consideración do sector TIC como estratéxico son os desafíos que se deben abordar tanto no marco autonómico como no europeo.  “Vivimos un cambio de paradigma, un momento clave no que xoga un papel fundamental o sector tecnolóxico: enfrontámonos #ante o reto xigantesco de orientar os fondos europeos”, sinalou Mar Pereira antes de ceder a palabra a Norberto Penedo, director de Competitividade do Igape;  que afondou no plan autonómico para os próximos anos. “Temos dúas políticas concretas: transformación dixital e sustentabilidade”. 

Desde a iniciativa privada tamén se achegou un punto de vista respecto diso dos fondos europeos de resposta comunitaria ante a crise. “Podémonos atopar co risco de que estes enormes fondos non cheguen a executarse por seguir unha estratexia de proxectos; temos o problema de que as nosas empresas son empresas de servizos e proxectos, pero moi poucas o son de produto”, alertou Fernando Vázquez Núñez, CEO de Imatia antes de sinalar que atravesamos “unha tormenta perfecta” na que inflúen elementos como a competencia global; a aceleración dixital e a crise do talento. 

Sector estratéxico

O presidente de INEO, Luís A. Álvarez-Sestelo, subliñou a necesidade de cambiar a visión que tanto a administración como a sociedade teñen do sector tecnolóxico. “Considérase un sector transversal ou de apoio a outros sectores tradicionais, pero é un ámbito que debe ser considerado estratéxico, clave”, destacou antes de reivindicar que se teña isto en conta para a xestión dos fondos europeos. “Preocúpanos que sexan utilizados en infraestruturas e non se orienten ao valor que xeran as empresas. É dicir, que non se usen para a transformación, senón para tapar buracos”, sentenciou Sestelo.

Carlos Suárez, director xeral de Edisa, profundou na situación actual do sector TIC e na súa percepción xeral. “Antes o sector tecnolóxico tiña un perímetro, agora o traballador deste perfil intégrase en empresas de todos os ámbitos, na administración; iso provoca que como sector teñamos o reto de captar e manter o talento”. 

Programa do xoves

Tras a mesa inaugural, Senén Varro, do Centro Singular de Investigación en  Tecnoloxías  Intelixentes (Citius), ofreceu un relatorio maxistral sobre o futuro inmediato da intelixencia artificial. A partir de aí, sucedéronse webinarios e diferentes mesas temáticas dentro dun programa  poliédrico que continuará mañá.

A actividade do xoves comezará ás 10.00  cunha conferencia a cargo de Olivier Perard, de  Oracle,  sobre o desenvolvemento de aplicacións  Cloud  Native e Intelixencia Artificial. Xa ás 10.45  celebrarase unha mesa temática sobre as sinerxias entre a esfera pública e a privada para a consecución dos obxectivos da dixitalización. Entre as 12.45 e as 13.00 sucederanse  webinars sobre a atención social dixital e a automatización intelixente da administración pública.

A última sesión antes do peche de conclusións dedicarase a diferentes casos de éxito empresariais na transformación dixital e á presentación da Oficina Acelera peme, que xestionará INEO ata maio de 2023 tras ser seleccionada por Red.es. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)