Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Uns 300 coches vendidos no 12º Salón do Automóbil de Expourense



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE OUTUBRO DE 2021 · (0)



Organizado entre Expourense e ACAUTO pechou onte as súas portas con datos de vendas e visitas inferiores á edición de 2019, pero que os organizadores dan por bos dada a conxuntura actual. A próxima cita será esta mesma fin de semana, 15, 16 e 17 de outubro, coa 5ª edición de Antiq Auria, Feira Internacional de Antigüidades. 


Os organizadores din que "son cifras positivas xa as vendas de automóbiles en Ourense levan máis dun ano sufrindo descensos e este evento contribuíu á reactivación. Hai tamén que ter en conta que en xuño deste ano celebrouse a terceira edición do Car Outlet no que foron vendidos 150 coches máis".

A paulatina recuperación da normalidade en canto a visitas a eventos e a complicada situación que atravesa o mercado do automóbil (crise semiconductores) conlevan que os ao redor de 300 coches vendidos e as máis de 7.000 visitas recibidas durante as dúas fins de semana sexan bos resultados e cumpran as expectativas de ambos os organizadores.Onte concluía o 12º Salón do Vehículo de Ocasión no que era frecuente atoparse pola tarde en moitos coches o cartel de “Vendido” e é o que o público tivo a oportunidade de consultar nun mesmo espazo toda a oferta existente no mercado ourensán na maior exposición de coches km. 0,  seminovos e de ocasión e comparar opcións antes de elixir o coche que mellor se adaptase ás súas necesidades. En total, o salón ofrecía vehículos de 21 marcas e modelos que ofrecían as mellores condicións xa non só no prezo, senón tamén de financiamento, seguros (co “a todo risco” de agasallo en moitos casos), garantías (de ata 4 anos ou máis) e servizos engadidos.

Como incentivo para animar a organización volveu poñer en marcha o sorteo, entre os visitantes: un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do prezo de compra do vehículo adquirido e que supón o desconto máis grande realizado en feiras deste tipo. A entrega deste desconto realizarase estes días no concesionario que vendese o coche cuxo cupón resulte premiado.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)