Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Greenweekend busca proxectos sostibles en Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE OUTUBRO DE 2021 · (0)



Organiza encontros en formato dixital patrocinados por Bankinter e Mapfre de asistencia gratuíta: entre o 25 e o 29 de outubro en Galicia e do 8 ao 12 de novembro en Andalucía. Os tres mellores proxectos de cada rexión recibirán apoio.


Enviroo, portal de emprego que dinamiza a economía verde, organiza unha nova edición de  Greenweekend Galicia (do 25 ao 29 de outubro) para emprendedores do sector ambiental en formato en liña. Durante cinco días recibirán asesoramento para consolidar a idea de negocio, mellorar a competitividade da empresas, ampliar rede de contactos, conseguir emprego e impulsar a colaboración.

Está proxectado para poñer en contacto a persoas e proxectos de emprendemento verde en só cinco días. Na primeira sesión os participantes realizarán networking dixital, porán en común ideas e proxectos para facer unha selección sobre as que se traballará en equipos o resto de días co obxectivo de sacar adiante o proxecto.  Entre o segundo e o cuarto día impartiranse talleres en liña, tras os que cada grupo, con apoio de mentores especializados, poderá poñer en práctica o aprendido. Haberá tempo para compartir opinións, debater, intercambiar coñecementos e experiencias e crear conexións entre participantes. Na última xornada, cada equipo presentará o resultado do seu traballo #ante un xurado composto por representantes de recoñecidas empresas e institucións, que seleccionará as ideas con maior potencial para impulsar e apoiar o seu desenvolvemento.   

“Os Greenweekend convertéronse nun punto de encontro para todos os profesionais e emprendedores que queren desenvolver unha idea de negocio verde para axudarlles a evolucionar o proxecto”, explica Agustín Valentín- Gamazo, director de Enviroo. Desde 2013, celebráronse de maneira presencial e en liña 32 edicións de  Greenweekend en diferentes cidades españolas, ás que asistiron máis de 950 participantes e lanzáronse máis de 100 proxectos sostibles. Nos dous eventos utilizaranse ferramentas de comunicación e traballo compartido que facilitarán a interacción. Ambas contan co patrocinio de Bankinter e Mapfre e a asistencia será gratuíta, previa inscrición.  

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)