Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O mellor do noso pasado



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE OUTUBRO DE 2021 · (0)



A 5ª edición de Antiq Auria reúne en Expourense a 35 expositores de España, Portugal e Suíza. Unha viaxe desde o século XVIII ata os anos 90. Miles de fermosos obxectos nunha cita que conta con moita fidelidade e volverá ser punto de encontro de interioristas, deseñadores e amantes de arte. Obxectos únicos agrupados en antigüidades, coleccionismo e vintage.


Aínda que as pezas vintage seguen tendo tirón, os expositores afirman que a tendencia son mobiliario e accesorios industriais, pezas que podían atoparse facilmente en calquera fábrica de principios do século XX. Bancos de carpinteiro, lámpadas, taburetes de ferraxería, ferramentas, andeis,  aparadores, e ata unha roda de afiador... demandadas por arquitectos e decoradores para negocios pero tamén particulares.

Ademais de punto de venda, Antiq Auria ofrece a oportunidade aos visitantes de taxar e vender os obxectos antigos que teñan na casa. Celébrase este venres, sábado e domingo e, cada expositor ,cederá unha peza pola que os visitantes poderán poxar, a partir de 5 euros, na gran poxa do domingo. Está organizada pola Asociación “Memoria  Antiga” de Ourense coa colaboración do recinto feiral e da Deputación Provincial. O horario de apertura será o venres 15 de outubro de 16.00 a 21.00  h; e o sábado 16 e domingo 17 de outubro de 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 21.00  h. A entrada custa só dous euros e é gratuíta para menores de 12 anos.

No referente ás antigüidades (obxecto con máis de 50 anos) hai xoguetes, teléfonos, reloxos, mobles, xoias, utensilios de prata, porcelanas, etc. Na sección de coleccionism poderase atopar numismática, filatelia, e obxectos militares e relixiosos. E tamén hai unha área reservada para os afeccionados aos obxectos vintage (XX), que se converteron nunha moda e referente á hora de decorar fogares e negocios. O obxectivo é “poñer en valor o antigo e que a xente conserve e tómelle agarimo ás cousas vellas porque son parte da súa historia”. E promover o hábito de comprar antigüidades.

Desde esta entidade, liderada por José Antonio Ferreiro de Antigüidades Urbano e por Gerardo Román de Antigüidades A Quinta, destacan a que o mercado de antigüidades en Ourense é un referente nacional pola súa calidade e variedade e que hai moita tradición entre a xente. oferta de pezas nesta edición é “para todos os petos, para que o público poida atopar sempre algo que lle encaixe teña o orzamento que teña”. Tamén repetirase a “gran poxa” que terá lugar o domingo 17 pola mañá a partir das 12.00. Cada expositor cederá un obxecto para poxar entre o público asistente e cada un deles terá un prezo de saída de 5 euros. “Unha oportunidade para facerse con pezas únicas a moi bo prezo”, explican os organizadores. Ademais sortearanse entre todos os visitantes antigüidades.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)