Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As universitarias da USC, protagonistas da III edición da Feira de Emprendedoras de Compostela



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE OUTUBRO DE 2021 · (0)



Concello de Santiago e USC colaboran para organizar unha feira que axuda a contectar e  xerar ideas entre mulleres que están creando tecido empresarial innovador e con valor engadido. As alumnas que asistan á formación e á Feira concederáselles un crédito de libre configuración. Haberá formación os días 25, 26 e 27 de outubro,  e os días 29 e 30 celébrase a Feira coa presentació


Todo o evento será retransmitido online a través da canle de Youtube de Woman Emprende.  A inscrición pode facerse a través da Secretaría Virtual da USC e tamén a través da páxina web de Woman Emprende (www.womanemprende.org).

 

Esta III Feira de outono de Compostela é un encontro entre universitarias xurdidas da USC, referentes como creadoras e sustentadoras de tecido empresarial con alumnas que estudan diferentes disciplinas ou que estudaron e xa acabaron, e contemplan o emprendemento como saída laboral.  Emprendemento ou empregabilidade son unha decisión correcta se a tomamos tendo a información necesaria, baseándonos en razoamentos axeitados e poñemos o foco en aportar innovación e valor engadido.

Un encontro para crear un diálogo directo entre referentes con proxectos emerxentes, e futuras emprendedoras. Haberá unha parte de formación no Salón Nobre do Pazo de Fonseca os días 25, 26 e 27 de outubro, de 12:00 a 14:00 h. As universitarias recibirán formación teórica sobre o espírito emprendedor nas mulleres e tratarán a importancia de aplicar a innovación e a creatividade ao tecido empresarial. O día 28 de outubro farán un percorrido por empresas da comarca con liderados femininos, e que son un modelo de negocio referente para a actual crise sanitaria, social e empresarial. Trátase de que coñezan de cerca a aplicación da formación teórica recibida.

Feira expositiva no Claustro do Pazo de Fonseca

Os días 29 e 30 de outubro celébrase a Feira coa presentación de empresas dirixidas por emprendedoras e aberta ao público no Claustro de Fonseca. Aparte tamén se celebrarán Mesas Redondas sobre orientación laboral, Compostela como territorio referente na biotecnoloxía e emprendemento colaborativo. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)