Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A chegada do AVE a Ourense sitúa Galicia ás portas dun fito histórico



REDACCIÓN · PUBLICADO O 23 DE NOVEMBRO DE 2021 · (0)



Este luns fíxose o percorrido inaugural da alta velocidade entre Madrid e Ourense que entrará en funcionamento o 21 de decembro. Un fito histórico, tal como subliñaron todas as autoridades presentes nesta primeira viaxe. 


Tras realizar o percorrido de probas do novo tramo de alta velocidade ferroviaria Pedralba de la Pradería-Ourense constatouse que todo está apunto para pór en servizo o último tramo das obras da liña entre Galicia e Madrid, un obxectivo prioritario desde hai décadas, tal como recordou o presidente da Xunta. 

Alberto Núñez Feijóo celebrou que Galicia estea a piques de cumprir un fito histórico: “Temos algunhas etapas do camiño aínda pendentes, pero estamos a punto de culminar unha meta histórica: a chegada do AVE a Ourense, a porta de entrada da alta velocidade a Galicia”, dixo, reiterando a necesidade de que o mapa da alta velocidade se vaia completando, chegando ao resto das cidades galegas.

Coa posta en marcha do AVE, a viaxe entre Ourense e Madrid farase en dúas horas e 15 minutos, o que supón unha redución de máis dunha hora que tamén beneficiará a Santiago, Vigo, A Coruña e Pontevedra, cidades que aínda terán que esperar para chegar o AVE as súas estacións.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)