Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Benvidos, nómadas dixitais



REDACCIÓN · PUBLICADO O 23 DE NOVEMBRO DE 2021 · (0)



O director do Parque Tecnolóxico de Galicia, Javier Taibo, lembrou esta mañá na Mobile Week Ourense 2021 que “hai unha volta xeneralizada ao rural. Coa  irrupción do teletraballo, hai unha gran cantidade de profesionais europeos migrando a España. Galicia debe establecer unha estratexia para eles. Buscan un ambiente agradable de traballo, próximo á natureza e con servizos”.


“Temos que tratar de atraelos porque é positivo non só para dar vida ao rural senón tamén porque se trata de profesionais altamente cualificados”. Taibo participou esta mañá na mesa redonda sobre “A dixitalización da contorna rural para evitar o despoboamento”, na que falouse da conectividade axeitada aos intereses deste espazo e proxectado á viabilidade económica e ao modelo de desenvolvemento.

Taibo fixo referencia á formación e ás infraestruturas como grandes retos. “Hoxe no medio rural temos unha barreira que debemos que romper. É necesario levar a transformación empresarial, a formación, o emprendemento e a creación de empresas. Temos que ensinarlles a facer negocio”. En relación ás infraestruturas, o director de  Tecnópole sinalou que é un campo onde hai moito por facer, “non s

ó no referente ás infraestruturas de servizos comúns, senón tamén de infraestruturas propias para a agroindustria. Aínda que o concepto de industrialización do campo poida soar un pouco agresivo, débense profesionalizar os servizos”. Referiuse á “asimetría” dos básicos como a sanidade, a cultura ou a educación no rural con respecto ás cidades. “Imponse superar esta fenda aínda que non sexa rendible e haberá que facelo en boa medida con fondos públicos”. Como solución para a modernización do campo apuntou a automatización de procesos para reducir a “carga monumental” que pesa sobre os profesionais do sector agropecuario.

Xunto ao director de Tecnópole, participaron tamén a directora da Axencia Galega de  Desenvolvemento Rural (AGADER), Inés  Santé; e Raúl Carbajal, investigador rural postdoutoral na Universidade de Oviedo.

 

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)