Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Porto de Vigo consegue de novo o certificado ambiental europeo Ecoports (PERS)



REDACCIÓN · PUBLICADO O 23 DE NOVEMBRO DE 2021 · (0)



Específica de portos da Unión Europea e concedida pola Organización Europea de Portos Marítimos (ESPO),  a comprobación foi realizada pola Lloyd’  Register, que mide parámetros en máis dun centenar de portos de todo o mundo. A puntuación obtida foi dun 98.11 sobre 100.


A Asociación Europea de Portos ve na terminal olívica un exemplo en xestión ambiental, ao superar, un ano máis, esta auditoría da certificación. Xa en 2015 obtivo a maior puntuación internacional e así se lle recoñeceu no Congreso ESPO celebrado en Barcelona ese mesmo ano.

O porto galego sempre estivo nun rango de excelencia, con puntuacións superiores ao 96%. Neste contexto, o resultado segue na senda de achegarse ao obxectivo marcado fai cinco anos, o de converterse nun porto verde de referencia no Sur de Europs. Esta certificación ambiental súmase á certificación  ISO 14001 e  EMAS III de calidade ambiental. Só sete portos en Europa dispoñen destas tres certificacións ambientais e a institución que preside Jesús Vázquez Almuiña, é unha delas.

Finalistas dos Premios ESPO 2021

O Porto tamén participou recentemente en Bruxelas na Asemblea Xeral da Organización Europea de Portos Marítimos (ESPO) onde foi a presentación dos proxectos finalistas a uns premios de  medioambiente a nivel europeo, os ESPO Awards 2021. Unha delegación do Porto acompañada da Fundación Galicia Europa, acudiu a Bruxelas, onde o xefe do Departamento de Sustentabilidade da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, foi o encargado de presentar o proxecto “Peiraos do Solpor” ante un xurado de recoñecidos expertos de toda Europa: representantes da Comisión Europea, membros do mundo académico e portuario, e xornalistas. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)