Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cabeza e corazón



REDACCIÓN · PUBLICADO O 24 DE NOVEMBRO DE 2021 · (0)



A automatización muda moitos traballos. Pero Carmen Pagès, responsable de prospección e análise laboral na UOC, lembra: “os adiantos tecnolóxicos favorecen a transformación. As tarefas rutineiras son moi automatizables, pero unha máquina nunca poderá realizar unha tarefa non estruturada. As persoas xogamos con vantaxe, porque temos creatividade e emocións e sabemos comunicar”.


O que non quere dicir que aos pocuos vain xurdindo novos traballos transversais e circulares, “cun liderado distribuído e equipos de traballo autoxestionados, xunto ao incremento do traballo híbrido”, engade Àngels Fitó, vicerreitora de Competitividade e Empregabilidade da UOC. Fan falta perfís profesionais que xeren sinerxias positivas coas novas tecnoloxías pero que compleméntense con outras disciplinas.  “E sen esquecer que estes novos perfís teñen que destacar pola adaptabilidade ao cambio, a xestión do tempo e as competencias humanas coñecidas as soft skills, a intelixencia emocional”.

Àngels Fitó, lembra que “atopámonos cun contexto complexo e cambiante que nos sitúa ante unha nova realidade con respecto á empregabilidade. Esta tendencia caracterízase pola intensificación do movemento  globalizador e o impacto da segunda onda tecnolóxica, que xera tanto cambios nas dinámicas de traballo nas empresas como a aparición de novos perfís”.

A docente Eva Rimbau, profesora dos Estudos de Economía e Empresa da mesma universidade engade: “cada vez é máis evidente que algúns traballos, especialmente os repetitivos, foron substituídos por máquinas automatizadas, como o caso de operarios de planta, persoal de limpeza e montadores. Son empregos que non requiren pensamento crítico, liderado, competencias dixitais, adaptación ao cambio, idiomas ou calidades para comunicarse. Por tanto, é fundamental entender que requírense profesionais para adaptarse rápido ás novas profesións".

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)