Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

David Regades traslada a Gerardo Cuerva as prioridades da provincia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE NOVEMBRO DE 2021 · (0)



O presidente de Cepyme e vicepresidente de CEOE pediu prudencia porque as negociacións que están en marcha co Goberno van definir a contorna laboral e fiscal das próximas décadas, “van ser determinantes para a competitividade do tecido empresarial nacional”.


Durante un encontro que se prolongou varias horas, os empresarios da CEP trasladaron as súas inquietudes pola evolución da negociación colectiva, e a preocupación polo incremento das materias primas e os prezos da enerxía.

“Tivemos a oportunidade de trasladarlle ao Presidente de Cepyme o peso que ten na economía de Pontevedra a súa condición periférica e a súa longa traxectoria de cooperación transfronteiriza. Comprendeu que se a primeira pode converterse nunha vantaxe coas infraestruturas adecuadas, a segunda ha de ser apoiada para desenvolver todo o potencial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”, dixo o presidente da CEP, Jorge Cebreiros.

Na súa segunda visita á provincia nun ano, convidado pola CEP, o presidente de Cepyme escoitou as prioridades estratéxicas de boca dos integrantes do Consello Asesor da CEP. Tamén houbo lugar para subliñar a importancia que para o tecido empresarial de Pontevedra ten a loxística. O apoio ao Corredor Atlántico ferroviario de mercadorías, a súa conectividade cos tres portos xerais da provincia, así como a imprescindible conexión co Porto a través do Saída Sur foron algúns das formulacións que acapararon a conversación.

O Consello Asesor da CEP avanzou a Estratexia 2022-2023 Talento, medio ambiente e sustentabilidade serán os seus novos retos. A reunión tivo lugar tras a visita realizada á nova sede do Consorcio da Zona Franca de Vigo recentemente trasladado ao centro da cidade, onde foi recibido polo Delegado do Estado, David Regades, que explicou que está en proxecto ou desenvolvemento 6 millóns de metros cadrados de chan industrial na ampliación do Parque  Tecnolóxico Loxístico ( PTL) de Valladares,  Plisan en Salvaterra e As Neves, a ampliación do parque de Balaídos, así como A Garrida, A Pasaxe en Gondomar, Porto  do  Molle  em Nigrán ou o parque de Ribadelouro en Tui, ademais de compromisos como a ampliación do parque de Areas ou proxectos en Porriño, Cuntis e Vilaboa.

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)