Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os máis novos sofren maior ansiedade laboral pola pandemia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE XANEIRO DE 2022 · (0)



A incerteza laboral afecta máis á sxeracións máis novas, especialmente a Z, nados despois de 1993 e sobre todo a persoal sen cualificar e administrativo. Así se desprende do primeiro Estudo sobre o impacto do Covid-19 na saúde psicolóxica nos traballadores das cinco xeracións feito polo Observatorio Xeración & Talento. Sen embargo a preocupación pola sáude é moito menor.


Os participantes máis novos obteñen peores resultados en practicamente todas as variables que analiza este estudo excepto na ansiedade/preocupación polo COVID-19. As variables son: Incerteza sobre as condicións laborais; incerteza sobre o posto de traballo; nivel de ansiedade/preocupación pola pandemia; ansiedade xeneralizada e sintomatoloxía depresiva.

Primeiro falemos da clasificación. Os chamados baby  boomers son a xeración daqueles españois nados entre 1957 e 1970. A xeración X comprende aos nados entre 1970 e 1981. Os millennials ou xeración Y coñecidos tamén como nativos dixitais, son os nados entre 1982 e 1994 e  xeración Z naceu nos inicio dos 2000 (1995-2000) aínda que aínda non se atope ben definido.

Os resultados sinalan unha relación inversa entre a variable xeración e a incerteza por manter as condicións laborais e por manter o posto de traballo, sendo as xeracións máis novas as que mostran maiores niveis de preocupación. Esta relación invístese cando falamos do nivel de preocupación ou ansiedade pola pandemia, xa que a xeración que mostra unha maior puntuación media son os  Baby  Boomers e o grupo de maior idade. Os niveis máis baixos de preocupación corresponden aos emitidos polos participantes da xeración  Z e os participantes máis novos. Este resultado pode relacionarse co nivel de ameaza percibida en función da idade; é dicir, son as persoas maiores as que mostran unha maior severidade nos síntomas e unha maior taxa de mortalidade por infección por Covid-19.

Son as mulleres máis novas (xeración Y + xeración  Z) as que indicaron máis cantidade de síntomas nos niveis de ansiedade. Tamén as taxas de resposta de sintomatoloxía depresiva foron especialmente altas nas mulleres da xeración Z.

A xeración Y e Z puntúan máis alto en síntomas de ansiedade xeneralizada e depresión en todas as categorías profesionais excepto en directivos (categoría profesional da que non se dispoñen de datos nestas xeracións pola idade). Respecto a as variables laborais, os traballadores da xeración Z que non teñen posibilidade de teletraballar mostran niveis máis altos de incerteza coas súas condicións de traballo e co mantemento do seu posto de traballo, mentres que no resto das xeracións as diferenzas non son significativas. Nesta xeración de participantes máis novos, destacan tamén os altos niveis nas puntuacións de incerteza para perder o posto de traballo, ansiedade xeneralizada e depresión cando consideran que a súa empresa non lles permite conciliar o traballo coa súa vida persoal.

Os datos científicos obtidos neste estudo do Observatorio Xeración & Talento -a través da enquisa elaborada pola Universidade Europea de Madrid-  permiten analizar o impacto dos niveis de ansiedade, depresión e incerteza na poboación activa e poder establecer relacións entre as variables xeracionais, sociodemográficas e laborais.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)