Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Trinta empresas infórmanse dos fondos Next Generation na CEL tras o aldabonazo de Altri



REDACCIÓN · PUBLICADO O 27 DE ABRIL DE 2022 · (0)



O secretario da CEL, Jaime López, lembrou que anuncios como o da instalación da empresa lusa en Palas de Rei dan “unha idea do seu potencial”. Este é proxecto Next Generation é o máis importante da candidatura galega a o programa de axudas da UE, cun investimento de máis de 800 millóns de euros e a creación de máis de 2.500 empregos directos e indirectos na contorna.


A planta de fibras textiles será a única de España. O conselleiro delegado da compañía portuguesa, José Soares de Pina, presentou precisamente tamén está mañá proxecto da factoría ao presidente da Xunta, Núñez Feijoo, e o conselleiro de  Facenda, Miguel Corgos.

Esta fábrica é un proxecto que pechará o ciclo entre os sectores forestal e industrial con árbores de crecemento rápido. Estará nunha parcela que xa está limpa, será totalmente sostible, producirá en parte a súa propia enerxía e recorrerá a fontes limpas se non basta co autoconsumo. Integraranse na mesma planta a produción de celulosas líquidas e de fibra téxtil, de forma que todo o proceso de transformación da madeira producirase en Palas.

A localización foi decidida tras un estudo das diferentes posibilidades: analizáronse 46 emprazamentos e Palas foi elixida pola súa dispoñibilidade de recursos hídricos suficientes e constantes para garantir o abastecemento da fábrica todos os días; a dispoñibilidade de 150 hectáreas de terreo libre; unha orografía favorable á construción da fábrica e a súa futura ampliación.

Con esta alegría para a provincia, ma mañá de hoxe na CEL tamén falouse dos fondos Next Generation e do mapa de apoios do Igape 2022, no que se enmarcan diferentes liñas de axuda á actividade empresarial. Nunha xornada organizada polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). Celebrada en en modalidade mixta, presencial e online, contou cunha trintena de asistentes e coas intervencións do secretario da CEL, Jaime López; do director xeral do Igape, Fernando Guldrís; do subdirector xeral de Proxectos Tractores do Igape, Santiago Álvarez e do CEO de Medrar Smart Solutions, Hugo Criado, que explicou a súa experiencia coas axudas autonómicas. A semana próxima, o mércores 4 de maio, a CEL acollerá unha xornada informativa da Axencia Galega de Innovación sobre os programas InnovaPeme e DeseñaPeme.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)