Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Avanza a recuperación da Cetaria do Sarridal



REDACCIÓN · PUBLICADO O 28 DE ABRIL DE 2022 · (0)



Ubicada en Cedeira, son vestixios dunha actividade económica de cría de marisco e de manter vivos os crustáceos ata ser consumidos. Agora estase a recuperar cun orzamento de 340.600 euros. Non só o edificio e a súa maquinaria senón a contorna coa colocación de bancos de madeira e mesas e paneis interpretativos e a instalación de varandas de protección no alto do cantil para crear un miradoiro.  


Estabilizarase o acceso peonil e na propia cetaria está previsto a dragaxe da area acumulada no interior a e eliminación de sedimentos restaurando as piscinas orixinais, a eliminación dos bloques de formigón e ladrillos presentes na fachada e que non forman parte da  estrutura orixinal, a reparación das xanelas de barrotes similares aos que existían, a reconstrución da estrutura e cuberta orixinal respectando a tipoloxía, e en xeral a posta en valor da maquinaria antiga.

Na zona tamén estase traballando no acondicionamento da chaira anexa coa demolición de muros e elementos que non pertencen ás instalacións.

María Rivas, subdelegada do Goberno, visitaba esta mañá as obras xunto ao Alcalde de Cedeira, Pablo Moreda, e o responsable da Demarcación de Costas, Rafael Eimil, que coordina os traballos que leva a cabo o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. A cetárea, totalmente abandonada, parcialmente destruída e sen un acceso adecuado  está a ser recuperada nun proxecto para poñer en valor instalacións situadas en Dominio Público  Marítimo-Terrestre.  “Unha vez restaurada, serán un exemplo didáctico para coñecer a actividade que se desenvolvía noutros tempos, os ecosistemas litorais e a evolución paralela da actividade humana e os seus valores etnográficos”, explicou Rivas



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)