Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Feijóo entrega o Premio Emprendedor do Ano de EY por Galicia a Constantino Fernández, presidente executivo de Altia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 28 DE ABRIL DE 2022 · (0)



A ceremonia organizada pola prestixiosa consultora Ernst & Young foi hoxe,na Coruña, no NH Finisterre e con xente do mundo da empresa, da política e institucional convidada. O representante de Altia compite o 22 de xuño xunto ao resto de gañadores das distintas zonas nas que se divide o Premio a nivel nacional.


Na imaxe e de esquerda a dereita: Marta Fernández Currás, socia directora responsable de  EY en Galicia; María Novo, vice Presidenta de Banca Corporativa de BNP  Paribás; Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta; Constantino Fernández, presidente executivo de Altia; Luís Arias,  Alumni & Institutional  Development Director Madrid Campus  IESE e José Luis Ruiz Expósito, responsable do Premio Emprendedor do Ano de EY.

Constantino (Tino) Fernández, lembrou que Galicia “ me viu crecer e viu nacer o noso proxecto empresarial fai xa case tres décadas” extendo o agradecemento do premio aos clientes, “ es 2.400 persoas que hoxe integran Altia”. E engadiu: “estou convencido de que o mellor está por chegar e de que o peso da economía dixital seguirá crecendo nos próximos anos. Esperamos estar á altura dos desafíos dos tempos que veñen. Sempre atoparán en nós ambición empresarial, compromiso e ilusión polo que facemos”.

“Un país é o conxunto das súas empresas e unha forma absolutamente obxectiva de medir a un país é precisamente a riqueza que produce como consecuencia do talento, a preparación e a determinación da súa xente”, dixo o presidente galego, que estivo tamén acompañado de Rosa Quintana, conselleira do Mar e Miguel Corgos, conselleiro de Facenda e Administración Pública. E Marta Fernández Currás, socia directora responsable  EY en Galicia engadiu que “os últimos meses están a supoñer un momento de reflexión ecambio na forma de pensar, vivir e actuar, que os nosos emprendedores unha vez máis están a encarar con valentía. Por iso, é un orgullo apoiar este ano a estes empresarios que, contra vento e marea, seguen contribuíndo a crear riqueza”.

A gran final

Constantino Fernández competirá o 22 de xuño en Madrid na final nacional do Premio Emprendedor do Ano de EY, xunto co resto dos candidatos: o emprendedor gañador nacional competirá en Montecarlo cuns 60 representantes de todo o mundo. Ata a data, déronse a coñecer os seguintes finalistas, que optarán ao galardón nacional: pola zona de Andalucía e Estremadura:  Rosauro Varou, presidente de Gat Investimentos; os representantes da zona centro: Jorge Gallardo, presidente de  Vithas e Juan  Matjí, presidente de Cantabria  Labs; e, pola Zona Norte: Iñaki  Latxaga, presidente de Albacora.

Fundada en 1994 e sede principal na Coruña, Altia é unha compañía de servizos de tecnoloxías da información e consultoría dixital que reformulou proxectos internacionais para preto dun milleiro de clientes.  A empresa conta con máis de 20 localizacións repartidas por España, Portugal, Brasil, Chile, EE. UU., Irlanda e Holanda; ademais de tres Data  Centers en Vigo, Madrid e Barcelona. O seu volume de negocio alcanzou os 126 M€ en 2021 e o seu capital humano está conformado por máis de 2.400 persoas, entre enxeñeiros e consultores.

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)