Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

“A Intelixencia Artificial non quitará traballo aos avogados, faraos máis eficientes”



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE MAIO DE 2022 · (0)



O sector xurídico tamén vive un tsunami tecnolóxico pero a IA debe ofrecer resultados moi precisos, o avogado basea a profesión no pragmatismo. “Toda a presión mediática acerca da IA e robots que asesoran a clientes para presentar demandas son esaxeracións”. O sector necesita un produto “moi ben aterrado, sen esquecer que as persoas queren tratar con persoas”, matiza o CEO de Atomian.


Cada vez son máis os despachos que quedan atrás ante a transformación dixital. Moitos profesionais atópanse, a diario, con obstáculos pola falta de coñecemento tecnolóxico e en LegalTech. O motivo? A chegada de ferramentas baseadas en Intelixencia Artificial supuxo un cambio de paradigma nun sector tradicional como é o xurídico español.

“A Intelixencia Artificial non persegue só a  cognición e igualar ao cerebro humano, senón que vai máis aló, pretendendo crear novos algoritmos para realizar procesos que ata o de agora non se podían facer” afirma Miquel Montero, CEO e fundador de Atomian, compañía de  IA centrada na optimización dos procesos legais. "A Intelixencia Artificial é o presente e o futuro de avogados, procuradores e xuristas. Unha organización nova ten que ver que a tecnoloxía é unha oportunidade, e non unha ameaza”.

A plataforma dixital para a localización de avogados especialistas, UNAES, colaborou con Atomian nun webinar sobre o papel da Intelixencia Artificial no sector xurídico. E dende a Unión de Avogados Especialistas,  Sandro García revela que “un dos principais obstáculos que se detecta no sector legal á hora integrar nas súas estruturas ferramentas tecnolóxicas é o estrés que xera pola falta de tempo e coñecementos na materia”. García e Montero poén sobre a mesa as problemáticas reais que afrontan día a día os  players do sector xurídico en termos de dixitalización.  

“A Intelixencia Artificial non quitará traballo aos avogados, faraos máis efectivos, cun traballo máis interesante e menos administrativo, xa que en gran parte este tipo de tarefas van automatizar. Estamos a falar dun cambio  organizacional que xa está a vir”, engade Montero. Desta forma, as ferramentas van ter que adaptarse á forma de traballar dos xuristas de forma natural:  o xurista atópase con tanta oferta tecnolóxica que é complicado saber que camiño escoller” pero a tecnoloxía non debería verse como un “purgatorio”, xa que “nos brinda a oportunidade de facer as cousas de forma distinta para poder gañar cota de mercado”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)