Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Porto de Vigo abre á cidade o novo Paseo das Avenidas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE MAIO DE 2022 · (0)



O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña, e o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, inauguraron hoxe este renovado espazo de máis de 12.400 m2 de superficie acondicionada, 600 m de carril bici, 6 zonas novas con 40 metros de bancos e 12 xardineiras, 4 bancos-tumbona, mobiliario urbano restaurado, 12 prazas de aparca-bicis e nova iluminación ornamental.


O paseo das Avenidas é un dos primeiros lugares que ven os 400.000 turistas que chegan a Vigo a bordo dun transatlántico ou os 1,2 millóns de usuarios do tráfico de Ría, e un dos obxectivos foi substituír os valos por varandas, buscando o equilibrio entre a actividade portuaria e o goce da xente. Tamén estase a traballar na rexeneración de diversos espazos na fronte portuaria con 14 M€ para mellorar a mobilidade con 7,4 km de senda ciclo-peonil  e o cofinanciamento da Xunta.

No mellor lugar de Vigo, maís sitio por onde pasear a pé ou en bicicleta, tomar o sol, e gozar das citas culturais, festivas e náuticas, como a Vigo SeaFest, O Marisquiño, a Iacobus  Maris, a Semana Azul de Ariven ou os concertos programados polo Xacobeo. A institución que preside Vázquez Almuiña investiu máis de 5 millóns de euros en tarefas de acondicionamento e reconstrución.

Os traballos, que se iniciaron a principios do ano pasado, actuaron tanto sobre o tramo lousado, é dicir, o espazo de terra firme, como sobre o paseo de madeira mediante unha estrutura sobre a auga, para o que se reforzou o pavimento e cambiáronse as lousas que había por outras de menor tamaño para evitar que se creben. Con todo, optouse por manter a mesma tecnoloxía estrutural, respectando o proxecto orixinal do arquitecto sevillano Vázquez Consuegra. Toda a madeira utilizada na mellora do paseo é sostible e as obras fixéronse a cabo desde terra, sen afectar ao medio mariño. Tamén se reforestaron os xardíns, limpouse de pintadas e grafitis a zona, restaurouse as esculturas, e reformouse a contorna de varios monumentos como o dedicado a José de San Martín.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)