Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A Cidade das TIC acolleu esta mañá o acto simbólico de inicio das obras do Centro de Servizos Avanzados



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE MAIO DE 2022 · (0)



Será ocupado por empresas tecnolóxicas. O Clúster TIC xa recibiu a tripla de peticións que espazo disponible no primeiro edificio en rehabilitarse do anterior complexo da Fábrica de Armas. O arquitecto gañador do proxecto do CSA, Carlos Pita, e o director da empresa adxudicataria do proxecto, Aciona, Alejandro Casielles, tamén estiveron.


As partes en que se sustenta a Cidade das TIC son: unha primeira de investigación, desenvolvemento e formación a cargo da UDC; unha segunda que será un campus tecnolóxico arredor do CSA; e un campus empresarial xunto a outro de emprendemento.  O proxecto de Carlos Pita plantexa a potenciación da tipoloxía basilical do edificio coa introdución dunha nova construción de madeira de 440 metros cadrados, destinado a aulas, coworking, cafetería e espazo informal. 

proxecto do arquitecto Carlos Pita foi o gañador do concurso para a rehabilitación da Fábrica de Armas así como para o deseño do primeiro dos edificios, o CSA, que ocupará unha das naves. A empresa ACCIONA executará as obras de rehabilitación 3,5 millóns de euros e que se prevé finalicen en febreiro de 2023.

Alí estaban o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, o vicepresidente segundo Francisco Conde; o delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones; a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; o delegado de Defensa en Galicia, Antonio Bernal; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.  Segundo dixo Pita o proxecto “recolle este espazo industrial para ocupalo o máis lixeiramente posible e que as empresas TIC poidan traballar da mellor maneira”. 

A idea da Cidade das TIC naceu dunha conversa co Clúster TIC ao que logo de uniron o Concello da Coruña, Deputación, Xunta e Ministerio de Defensa. “É un proxecto de país”, resumiu. Para Abalde, se en2018, cando se iniciou “era necesario dispoñer dun espazo de creación e transformación do mundo dixital, despois da pandemia é urxente”. O CSA é un edificio que nace “cheo”, asegurou o presidente do Clúster TIC, xa desbordou os límites de espazo polas numerosas demandas das empresas por instalarse, tiveron peticións para completar outras dúas naves que están á espera de financiamento. 

Centro de Servizos Avanzados

Será ocupado por empresas tecnolóxicas. O Clúster TIC, entidade que xestiona este centro, recibiu a tripla de peticións que espazo dispoñible. O CSA será sede dalgunhas empresas e tamén das unidades de I+D que necesite o sector empresarial que funcionarán de forma colaborativa. Intelixencia Artificial, Internet das cousas, Dispositivos intelixentes, Media e Quantum. Será ademais o gran escaparate multimedia do sector e traballará de forma coordinada con centros e hubs de innovación sectoriais.

A Cidade das TIC recibiu o apoio financeiro de 4,8 millóns de euros da Xunta a través do Igape, para a construción do Centro de Servizos Avanzados. 

18 de febreiro de 2020

Foi cando o Ministerio de Defensa resolveu outorgar unha concesión á Universidade da Coruña sobre os terreos e as instalacións da Fábrica de Armas da Coruña. Cunha superficie aproximada de 127.943 m2, os principais inmobles están formados por sete naves industriais da antiga Fábrica: almacén xeral; prensas e canóns; revisión e metroloxía; forza, pulimento e tratamentos térmicos; mecanismos, montura e montaxe; diversas, electricidade, caldeiraría e soldadura; e tratamentos superficiais e areado, así como outros edificios do complexo.

Sobre estas instalacións crearase un polo tecnolóxico que actúe como un demostrador de tecnoloxías emerxentes, que facilite a instalación de empresas do sector e serva como vector de crecemento e dinamización económica grazas á creación de startups, o impulso da I+D+i, o fomento do emprendemento e a atracción de empresas multinacionais. O proxecto está entre os candidatos a recibir fondos Next Generation. Ademais, Galaxy-Lab do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), outra entidade que se asentará, recibiu da Axencia Galega de Innovación (Gain) unha subvención para a posta en marcha deste laboratorio no que se dedicará a experimentar con vehículos aéreos non tripulados  para o transporte de mercadorías e pasaxeiros en contornos urbanos. 

A Universidade da Coruña convocou tamén o concurso de ideas para o deseño do novo edificio Centro de Investigación TIC-Intelixencia Artificial (CITIC-IA) gañado pola proposta presentada por Guadalupe Piñera, Jesús Irisarri, Enrique Blanco, Patricia Sabín e Joaquín Martín. Ocupará 6.500 metros cadrados construídos, pero contempla a posibilidade de crecemento ao dobre.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)