Attica21 abre o 15 de xuño en Vigo o seu oitavo hotel
A cadea propiedade da corporación galega Inveravante estrea -ás portas dun verán que se presenta moi bo turisticamente falando-, o Vigo Business & Wellness. De 4 estrelas superior e 157 habitacións exteriores con terraza privada, está fronte á praia de Samil e coas Cíes como pano de fondo.
O seu obxectivo é combinar turismo vacacional, urbano, de negocios e wellness, con actividade os 365 días do ano e reforzando o posicionamento da cidade de Vigo, que vén de reestrear paseo marítimo, como destino urbano e vacacional. Todo o hotel ábrese á praia e ao horizonte, aproveitando ao máximo a luz natural e as vistas. E as habitacións miden entre 28 e 65 metros cadrados.

Investirónse 25 millóns de euros cunha vocación arquitectónica de integración paisaxística cedendo o protagonismo á contorna natural. O espazo gastronómico ten 3 ambientes: un comedor principal, terraza panorámica e un reservado. Carta de produtos de proximidade aspirando a atender non só aos hóspedes aloxados senón ser punto de encontro tamén para os vigueses. O hotel está moi enfocado tamén ao segmento de negocios cunha área de 900 m2 de instalacións para eventos e reunións con medios audiovisuais. Completada cunha zona exterior para cáterin ao aire libre e presentacións.
O seu spa ten circuíto de hidroterapia con piscina dinámica, baño turco, sauna finlandesa, duchas de esencias, nebulizante e bitérmica, fonte de xeo, jacuzzis, camas térmicas e zona relax con cheminea exterior. Tamén cabina dobre con luz natural e bañeira de hidromasaxe para dúas persoas. Suma un un ximnasio boutique aberto á cidade de Vigo con adestramento persoal tamén para o hóspede aloxado. Un club de running ou sesións de ioga para grupos reducidos, complementan a oferta de actividade física.
A cadea ten xa hoteis en Madrid, Cataluña e Galicia: Attica21 Vigo Business & Wellness; Gran Hotel Attica21 Las Rozas; Attica21 Barcelona Mar; Attica21 Coruña; Attica21 Hotel Spa Villalba; Aparthotel Vallés; As Galeras Hotel Apartamentos (Oleiros. A Coruña) e Apartamentos Portazgo.
Comentarios (0)