Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Aforro, garantía e entrega inmediata en 400 coches, principais reclamos do IV Car Outlet Ourense



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE MAIO DE 2022 · (0)



Abriu hoxe portas con 14 concesionarios de Ourense. Estará aberto ata este domingo 8 de maio con moi boas oportunidades do mercado de vehículos de ocasión, 20 marcas con entre 2 meses e 10 anos, descontos que de media dun 30% e as garantías dos concesionarios oficiais.


A oferta cubre todas as gamas, dende pequeno utilitario ata vehículo industrial. Tamén nas motorizacións hai variedade: dende os motores de combustión ata os eléctricos. En canto a prezos: dende un Renault Megane de 8.300 euros (vendido esta mesma mañá) ata un Alpine A 110S cun prezo de 82.500 euros. A cita está coorganizada entre Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, ACAUTO, coa colaboración da Deputación de Ourense e de Abanca. 

Os concesionarios que participan amosaron optimismo xa que a situación actual convida a lanzarse ao mercado de ocasión.  A situación do mercado do automóbil novo (suba impostos matriculación, dúbidas sobre qué tipo de motorización elixir, crises de componentes electrónicos, ruptura da cadea de subministros…) que contempla tempos de espera prolongados para recibir o coche novo, conleva que o mercado de ocasión sexa a mellor opción para quen precise cambiar de automóbil dun xeito rápido e cómodo.

Nesta primeira mañá xa se podían ver os primeiros carteis de “Vendido”, o público realmente interesado na compra adoita acudir canto antes motivado polo feito de que cada coche á venda é unha oportunidade única.  Os datos indican que en Galicia por cada coche novo véndense dous de ocasión, incluíndo tamén as compras entre particulares. Isto provoca que haxa cada vez maior demanda e menor oferta, polo que acudir a este salón se converte nunha boa oportunidade. Ademais dunha boa ocasión para rexuvenecer o parque automobilístico galego (o cuarto máis antigo de España) que ten agora unha idade media de 13,7 anos.

O horario de apertura do salón será mañá sábado 7 de 10.00 a 20.30 h. e o domingo 8 de maio de 11.00 a 20.00 h. A entrada é do só 2 euros, gratuíta para os menores de 12.

Concesionarios e marcas representadas no IV Car Outlet Ourense:

HYU-PEREZ RUMBAO S.A. (HYUNDAI)

BÁLTICO DE AUTOMOCIÓN PEREZ RUMBAO S.A. (VOLVO)

GALICIA DISTRIBUCIÓN DE AUTOMÓVILES S.A. (SKODA)

BETULA CARS S.L. (OPEL + CITRÖEN)

CIBRAUTO, S.A. (FIAT + MAZDA + ABARTH)

CIBRAOCAR, S.L. (KIA)

PEUGEOT STELLANTIS & YOU ORENSE (PEUGEOT)

TALLERES VIPER S.L. (SUZUKI)

TALLERES RODOSA, S.L. (RENAULT + DACIA)

TOMOVIL CUEVAS, S.A. (FORD)

AUTOGAL, S.A. (BMW)

ROFERVIGO, S.L. (NISSAN)

COPER, S.A. (SEAT + CUPRA)

AUTOMOVILES PÉREZ RUMBAO S.A. (AUDI + VOLKSWAGEN)

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)