Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A xornalista Ana G. Liste e a psicóloga Victoria Canosa gañan os Premios de Comunicación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE MAIO DE 2022 · (0)



A entrega será o 20 de maio no Pazo de Rianxiño, en Rianxo, no acto Achegas da Psicoloxía que organiza a corporación desde 2009. O xurado lembra a “a alta calidade das propostas presentadas” malai ser unha primeira edición: 21 traballos en distintos formatos recollendo as distintas perspectivas da profesión publicados en 2021. Os Premios teñen dúas categorías, dotados con 2.000 euros


As dúas son as gañadoras en cadansúa categoría desta primeira edición dos Premios de Comunicación Xoán Vicente Viqueira que convoca o colexio de psicólogos coa aseguradora Brokers'88. 

O xurado, constituído por membros do Colexio de Psicólogos e representación do Colexio de Xornalistas destacou na categoría do premio xornalístico a reportaxe de Ana G. Liste publicada no xornal online Praza “O impacto da tensión familiar pola COVID na infancia, o reto pendente para despois da pandemia”, pola súa abordaxe do impacto psicolóxico na poboación máis nova da pandemia, recorrendo a fontes expertas para expoñer a necesidade de recursos. Tamén estimou outorgar unha mención á entrevista “Cuando alguien tenga ideas de suicidio que acuda al médico, que no espere”, publicada por Selina Otero no Faro de Vigo, a profesionais da Unidade de Prevención do Suicidio de Vigo, poñendo en valor o papel da psicoloxía e deste tipo de dispositivos para previr este grave problema de saúde pública.  Xornalista viguesa do 90, Liste traballou en Faro de VigoEl PaísEuropa Press e Nós Diario. Vogal no Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e membro da asociación Xornalistas Galegas. Agora ,ómeves sobre todo entre Praza.gal e a revista VINTE.

Na categoría do premio de Comunicación, o xurado estimou o blog “Nunca es tarde para sentirse mejor” como a proposta gañadora, presentada pola psicóloga Victoria Canosa, un traballo continuado de divulgación da psicoloxía, de promoción da saúde, desde a responsabilidade e a vocación de servizo público. Tamén acordou destacar a candidatura de Manuela del Palacio, destacando a entrevista emitida na Radio Galega polo seu exemplo divulgando os beneficios do coidado da saúde mental dos máis novos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)