Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Navalia espera contar coa presenza do Rey Felipe VI na inauguración do 24 de maio



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE MAIO DE 2022 · (0)



Así o informou o Comité Executivo de Navalia, que celebrou hoxe a última reunión de traballo antes da oitava edición. Que contou coa participación do empresario Vicente Boluda, presidente de Boluda Marítima Corporación eda Asociación de Navieros Españois (ANAVE). O empresario, gran coñecedor do sector, afirma que o naval "vive un momento doce".


Abrirá Navalia as portas con case 400 expositores e 900 marcas representadas. Ademais, a feira incrementará as cifras de participación estranxeira, os expositores internacionais crecen un 20% con respecto a 2018.  Cabe destacar a presenza de Irán, Lituania, Australia, Sri-Lanka, China, Eslovenia, Turquía ou Croacia países pouco habituais ata a data, así como as delegacións confirmadas de Cabo Verde, Paraguai, Arxentina, Colombia e Holanda.

“Aínda quedan varias semanas por diante, as axendas poden cambiar, pero a noticia é o mellor agasallo que podiamos ter porque para nós é moi importante esa consideración da súa Maxestade o Rey Felipe VI” dixo o presidente de Navalia, José García Costas.

“Os fletes están ben, sobre todo o transporte de mercadorías por contedor, os estaleiros teñen carteira de pedidos; pasamos unha pandemia que quizá nos puxo na liña de saída dun bo momento para o sector, non nos podemos queixar”, explicou Boluda durante o seu encontro cos medios de comunicación. O tamén presidente dada Asociación Nacional de Remolcadores de España ( ANARE), da Asociación Valenciana de Empresarios (AVE), da Fundación Valenciana de Estudos Avanzados e da Asociación Navieira Valenciana ( ANV) destacou os problemas en canto á subida do combustible polo conflito en Ucraína, dado que representa “unha partida de custos moi importante”, e tamén outro problema adicional: “dos 2 millóns de mariños que hai no mundo (de buques de máis de 2.000 e 3.000 toneladas) o 15% son rusos e ucraínos” polo que nas tripulacións hai moita dependencia destes dous países, agora en guerra. “Nuns meses poderiamos atoparnos moitos barcos parados polo simple feito de que non hai tripulantes”.

Qué veremos  

A cita serviu tamén para presentar o programa de xornadas técnicas previsto.  Como cada ano, Navalia contará con dúas aulas dentro do recinto, a aula PORTO DE VIGO e a aula CEPSA. Nos dous espazos, con capacidade para cen persoas cada un, celebraranse case medio centenar de charlas, relatorios e mesas redondas. Pero este ano, por primeira vez, a organización suma tamén o AUDITORIO do IFEVI, que acollerá eventos que precisan dun espazo máis amplo: unha xornada da Armada, sobre Modelización de Sistema Navais e que contará con 8 relatorios; e o Summit Internacional de Aclunaga, con catro relatorios sobre hidróxeno, GNL e buques non tripulados. Deseño naval, financiamento, barcos eléctricos, turismo náutico, análise de avarías, alternativas á soldadura, transformación dixital nos buques, innovación e pesca, ciberseguridade naval, dixitalización do sector naval, sustentabilidade ou loxística serán os temas principais no programa de xornadas técnicas.

As agrupacións industriais nacionais do sector tamén estarán presentes en Vigo a través de Andalucía, Cádiz, Canarias, Cantabria, Galicia, o Foro Marítimo Vasco e da Agrupación industrial Marítima Español, do que  Navalia, ademais, forma parte.  Navalia ocupará os pavillóns 1, 2 e estrea o pavillón 4 ampliando así o número de empresas na zona principal do recinto. Tamén empregará o espazo do  hall e de novo aumentará a súa exposición exterior. A organización espera alcanzar os 20.000 visitantes profesionais, que xa poden formalizar acreditación en www.navalia.es.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)