Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Ideas e consellos para os autónomos do rural



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE MAIO DE 2022 · (0)



Eduardo García Erquiaga, director de Galicia Business School, analizou esta realidade e as técnicas para avanzar nos seus proxectos na primeira dunha serie de xornadas organizada por APE Galicia na sede da CEO. O programa visitará desde o 24 de maio Estrada, Tui, Fene e Boiro para terminar o 7 de xuño en Mondoñedo.

 


Máis de 30 persoas, traballadoras autónomas e pemes de Ourense asistiron hoxe, na CEO á primeira das xornadas organizada por APE Galicia en colaboración con Xunta, Igape e a propia Confederación. O obxectivo: potenciar os negocios no rural, a través da inspiración nos que xa traballan no rural; o ánimo para os que aínda non o fan pero buscan un enfoque e a detección de fortalezas e oportunidades que os cambios tecnolóxicos ofrecen na contorna rural, ademais de falar dos dos cambios nos valores dos clientes. Ademais, esta iniciativa ofrece información sobre o emprendemento, a mellora no desenvolvemento profesional, a consolidación dos proxectos e a reinvención dos negocios.

A benvida correu a cargo do presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas e a xerente do Igape, Patricia Villajos para, a continuación, dar paso a García Erquiaga, que analizou polo miúdo a situación das persoas traballadoras autónomas das zonas rurais e profundou nas técnicas para mellorar o profesional e avanzar nos seus proxectos.

Marisol Novoa, presidenta da entidade anfitrioa, fixo alusión á recente presentación de alegacións facendo unha fronte común coa consellería de Infraestruturas e  Mobilidade á Lei de Movilidad Sostible do Goberno, normativa que non ten en conta a mobilidade rural e destacou tamén que os criterios dos fondos  Next  Generation priorizan as actuacións en contornas urbanas e non prevén destinar a contornas rurais proxectos de mellora da mobilidade e a conectividade; é máis, a repartición prevista polo goberno para servizos de mobilidade teñen que ser investidos en poboacións de máis de 50.000 habitantes, o que implica deixar á marxe ao 97’8% dos municipios galegos. Tamén lebrou o proxecto Conecta Ourense, unha rede de oficinas en comarcas que ten servizo físico en Verín e O Barco, para axudar ás empresas, sobre todo as situadas no rural, a que poidan concorrer a esas axudas.  

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)