Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A Oficina de Promoción Tecnolóxico-Industrial da Cámara ábrese ás empresas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE MAIO DE 2022 · (0)



O obxectivo é captar e atraer investimento tecnolóxico e industrial entre todos, principalmente no contexto da Industria 4.0. Unha análise da economía coruñesa pon de manifesto a progresiva perda de peso do sector industrial na zona, fronte a un sector terciario que foi gañando protagonismo. E a capacidade de crecemento económico non pode  depender exclusivamente destas actividades.


Membros do Padroado reuníanse esta mañá na primeira reunión operativa (a sede está nas propias dependencias da Cámara) para avanzar nos próximos pasos e funcionar xa ao longo deste 2022. Nesta primeira reunión  aprobaron a participación de empresas tractoras no órgano de goberno, clave para a atracción de proxectos á área. O Padroado está formado por Antonio Couceiro, Patricio Erhardt, Luz Pardo, Juan Quiroga, Manuel Galdo e Carlos Fernández

A Oficina nace para atraer investimento tecnolóxico e industrial cara aos polígonos xa implantados pero tamén os que están en vías de desenvolvemento. Inserido no Plan de Promoción Tecnolóxico-Industrial da Coruña e Área de Influencia, éste parte dunha profunda análise da economía coruñesa que pon de manifesto a perda de peso do sector industrial na zona.  Aínda que un sector servizos forte é fonte de emprego e riqueza, o estudo sinala que “hoxe está aceptado que a capacidade de crecemento económico non pode nin debe depender exclusivamente destas actividades cunha perspectiva a longo prazo, mentres que un sector industrial potente resulta unha peza crave para o desenvolvemento dunha economía moderna e para a xeración de emprego”.

3 grandes obxectivos

  1. Mellorar os factores de localización industrial, que implica completar a dotación de infraestruturas básicas, garantir a conectividade interna e externa, mellorar a coordinación institucional coa planificación do territorio e minimizar os trámites administrativos á implantación de novos proxectos.
  2. Mellora competitiva da industria local que garanta a súa supervivencia e localización na área metropolitana, o que pasa por adecuar a capacitación dos profesionais aos novos requirimentos, favorecer a diferenciación sectorial e a capacidade de achegar un maior valor engadido dentro das cadeas, impulsar a internacionalización, intensificar a cooperación e adecuar a cultura empresarial.
  3. O terceiro gran obxectivo pasa por conseguir un maior grao de  proactividade na atracción de investimentos industriais para a área cunha estratexia de promoción coordinada, o impulso dunha dinámica de atracción e a proxección dunha imaxe conxunta da área metropolitana, tarefa na que se buscará a implicación de todos os axentes vinculados á promoción industrial da área, así como a colaboración das empresas tractoras máis importantes do territorio.


Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)