Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Amazon, AliExpress e El Corte Inglés, as plataformas preferidas polos galegos para comprar en liña



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 22 DE XUñO DE 2022 · (0)



Catro de cada dez galegos fai unha ou máis compras en liña cada semana. Estamos entre as comunidades autónomas que máis usa internet para buscar produtos vencellados coa cultura, malia que na cabeza está o téxtil; e das que máis alimentación compra en liña tamén.


Como consumen os galegos? Que é o que máis valoran á hora de realizar compras por internet? Chollometro, unha plataforma de ofertas, realizou un estudo para coñecer cales son os hábitos e preferencias e o resultado é que as principais procuras na rede dos galegos son moda e téxtil (78%) – dez puntos por ribada media nacional –, e electrónica (70%), ademais dos vencellados coa cultura como o cine (61%).

Á hora de mercar a moda mantense como a categoría de produtos máis comprada por un 73% - de novo dez puntos por encima da media nacional –seguida da alimentación (54%) e produtos de saúde e beleza (53%). Entre o que máis motiva aos galegos á compra por internet: a comodidade ao non ter que saír de casa (73%), os descontos e promocións (68%), e  variedade de produtos e servizos que setopan (49%).

Tamén hai medos

Sobre todo non poder probar o produto (67%) o que no textil inflúe; seguido pola falta de confianza no servizo e a entrega, (34%) e xa ao final, a falta de seguridade no pago (28%).

Non soi moi oixinais os marketplace e e- commerce no top 3 dos galegos: Amazon – na que compraron polo menos unha vez o 95% dos galegos –,  AliExpress e El Corte Inglés, que destacan ademais polas valoracións positiva. Esto sí que é un elemento moi importante para máis da metade dos enquisados, que coida fundamental consultar as opinións doutros antes de comprar. En paralelo, a investigación revela que, cada vez máis, crecen as plataformas que reúnen nun único portal as promocións máis interesantes: o 75% dos compradores en liña galegos coñece algunha de procura de produtos a prezos rebaixados e un 72% comprou nelas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)