Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Roberto Verino, académico da RAGBA



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 22 DE XUñO DE 2022 · (0)



O verinés xa é un dos novos membros da Real Academia Galega de Belas Artes. Agulla de Ouro 1992, Medalla Castelao1996, Medalla de Ouro das Belas Artes 2008, o deseño da súa fragrancia feminina foi seleccionado polo Musée du Louvre no 2002. Agora recibe o recoñecemento dos creadores da súa terra enchendoe o baleiro que había co mundo da moda, sinal de identidade galega.


Tamén fundou xunto a Jesús del Pozo, Modesto Lomba, Anxo Schlesser e Antonio Pernas a Asociación de Creadores de Moda en España (ACME), expuxo no Museo do Traxe e na Gabarrón Foundation de Nova Iork e en 2015 incorporarou nunha nova tenda de Ourense un espazo de arte permanente, lugar de encontro de artistas. De xeito paralelo á moda proxecta a paixón polo viño coa Adega Gargalo,nas ladeiras do Castelo de Monterrei.

 

Nun acto multitudinario celebrado no Auditorio de Verín o pasado venres o deseñador pronuncioba un discurso de ingreso como académico numerario da Sección de Artes falando da “Aportación da moda galega ao orgullo de país”. O acto, presidido polo presidente da RAGBA, Manuel Quintana Martelo, tivo tamén á achega do membro da Sección de Artes da Imaxe, o prestixioso fotógrafo coruñés Xurxo Lobato.

Manuel Roberto Mariño Fernández (Verín, 1945) falou ante un auditorio repleto e emocionado na vila que o veu nacer e que se converteu no seu apelido profesional. “Desde o particular ao universal, este foi o leitmotiv do meu quefacer”. Narrou a súa infancia en Verín, lembrando as clases co mestre Xesús Taboada Chivite e as historias relatadas sobre o guerrilleiro Viriato, orixinario da vila. “De aí ven a miña vocación, o empuxe e compromiso para facer fronte ás batallas máis atrevidas no mundo da viticultura ou na miña vocación artística”.

París converteuse nunha especie de obsesión e finalmente emprendeu a viaxe á cidade da luz en 1962 con tan só 17 anos  para estudar moda. Primeiramente ingresou na escola preparatoria L’École de Condé para poder traballar o ingreso na carreira de Belas Artes. Nesta época, Verino coñeceu a unha familia moi importante do téxtil francés, os Lamsberg, e comezou a traballar para eles.  Tras varios anos aprendizaxe e traballo, Roberto Verino regresou a Galicia en 1967 cunha idea clara na cabeza, producir desde a súa terra a colección da marca Billy Bonny de Lamsberg. Con esta licenza na man, o deseñador recorreu de novo á colaboración da súa familia para poder a crear a empresa, creando xa na década dos 80 unha industria da moda nun lugar sen tradición téxtil como era Verín. Nos seguintes anos, as súas coleccións estaban representadas en vinte países, traballando con modelos como Christy Turlington, Helena Christensen, Yasmeen Ghauri ou Cordula Reyer que vestiron “made in Galicia”, “made in Spain” con pezas levando a etiqueta de “fabricado neste val”. 

Lobato lembrou no seu discurso a teima que ten a Academia de integrar as novas maneiras de entender a práctica artística, abrir a institución á sociedade e enriquecela cunha “mirada plural, diversa, de tendencias e xéneros”.  Porque a moda é tamén industria, tal e como recolleu a Bauhaus e o Laboratorio de Formas de Galicia de Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)