Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A Cámara da Coruña pide ao Goberno Central un reequilibrio contractual empresa-administración



REDACCIÓN · PUBLICADO O 23 DE XUñO DE 2022 · (0)



Nas novas medidas anticrise que pode aprobar o goberno español -rebaixa do 50% do abono transporte, 5% do IVE eléctricao e cheque de 300 euros para familias vulnerables- cumpriría arbitrar medidas que permitan a revisión de prezos nos contratos administrativos coas Administracións Públicas en bens, obras e servizos, danados pola inflación.


A entidade coruñesa pide tamén establecer un mecanismo que permita graduar a bonificación ao prezo da gasolina e do gasóleo non profesional segundo o nivel de renda das persoas e non de xeito xeral.

O Comité Executivo denuncia “as importantes dificultades que están a pasar as empresas contratistas coas administracións públicas en materia de obras, bens e servizos”. Esta revisión debe afectar á totalidade de custos, tanto de materias primas, subministracións, enerxía ou custos de persoal. Só desta maneira coida que pódese garantir a adecuada prestación por parte das empresas, "sen que se xere un desequilibrio económico que pode acabar coa súa pervivencia e a dos postos de traballo que xera".

Tamén preocupación e entende que debe actuarse no sector do transporte, para garantir “o eficiente funcionamento dun sector básico na comercialización empresarial, adoptando medidas fiscais e administrativas que permitan o exercicio da actividade”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)