Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Berbés UVigo e o acondicionamento da Chaira do Horizonte no Rosal, finalistas dos Premios Arquitectura do CSCAE



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 23 DE XUñO DE 2022 · (0)



21 finalistas, de entre 650 proxectos presentados, optan aos Premios do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España. Os galegos: Berbés UVigo de Elisabeth Abalo e Gonzalo Alonso, e a dos espazos públicos da Chaira do Horizonte, de Maria Fandiño. As gañadoras daranse a coñecer na entrega dos premios o mércores, 13 de xullo, ás 19:30 horas, en CaixaForum Madrid.


As 650 obras foron avaliadas por 3 comités que analizaron os traballos en cada un dos seus ámbitos. Esta primeira fase de selección tivo lugar nos Colexios Oficiais de Arquitectos. Despois elaboraron un informe non vinculante para o Xurado dos premios, que foi o responsable de escoller aos 21 finalistas e será quen tamén elixa as obras galardoadas.

A Universidade de Vigo, cuxo campus principal está a 10 quilómetros do centro urbano, propuxo a rehabilitación das tres construcións da imaxe superior, ubicadas no centro histórico. Inspíranse na construción naval, pero incorporan avances en I+d. “A elección do material e osistema construtivo permitiunos integrar na tradición local sen renunciar a certa dose de contemporaneidade” explican os arquitectos Elisabeth Abalo e Gonzalo Alonso A.

En canto aocondicionamento dos espazos públicos da Chaira do Horizonte, en Portecelo, no Concello do Rosal foi o proxecto da arquitecta María Fandiño Iglesias. A proposta nace de entender o territorio como un artificio elaborado e estuda polo miúdo os compoñentes para adaptar o proxecto á paisaxe: un elemento vivo que se completa co tempo coa vexetación, a xeomorfoloxía do lugar e o ecosistema. 

A festa

As gañadoras daranse a coñecer na entrega dos premios o mércores, 13 de xullo, ás 19:30 horas, en CaixaForum Madrid. O evento finaliza cun cóctel no Real Xardín Botánico, poñendo en valor a Paisaxe da Luz, Patrimonio Mundial da UNESCO para dar por pechada esta primeira edición dos Premios Arquitectura. Os gañadores recibirán a escultura dos premios, o deseño ‘TOITS’ feita con Obsidiana COMPAC, cuxa carga mineral consta de vidro 100% reciclaxe e reciclable. En total entregaranse seis que recoñecen estes valore: sustentabilidade e saúde, Nova Bauhaus, compromiso social e ético, profesión, valores RE (Rehabilitación, Renovación e Rexeneración) e hábitat, e tres distincións especiais, o Premio de Arquitectura Española, o Premio de Urbanismo Español e o Premio Permanencia.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)