Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Manuel Ángel Pose Palleiro, presidente executivo de Grupo Aluman



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 23 DE NOVEMBRO DE 2022 · (0)



Rosa Carril Iglesias ocupa agora o cargo de directora xeral do grupocon sede no Polígono de Sabón (Arteixo). Manuel Ángel Pose é fillo do fundador, Manuel Pose Miñones. Incorporouse á empresa en 1990 asumindo a dirección da fábrica e en 2002 foi  nomeado director de operacións, encargándose da modernización da compañía que  hoxe opera en máis de 50 mer


A partir de 2010, xa como director xeneral, continuou coa actualización da fábrica onde se instalaron as primeiras liñas de produción de fluxo tenso e comezou a internacionalización do Grupo. O nomeamento supón, outro cambio no organigrama corporativo con Rosa Carril Iglesias, que comezou na área de Administración hai dúas décadas, en 2002. Tras o seu paso pola dirección de Recursos Humanos, asume agora o cargo de directora xeral.

“Este era un paso necesario para consolidar o proxecto empresarial de Aluman e reforza o  liderado” dixo o ata o de agora presidente da empresa, Manuel Pose Miñones, que o pasado mes de xuño presentaba ás principais entidades financeiras, provedores e clientes o resultados  de 2021 e as proxeccións de crecemento para 2022. O traballo de rendibilidade desta empresa está a verse e xa en 2021 pasado o Grupo Aluman retornou a números positivos seguidos dun crecemento espectacular en 2022 e un incremento da facturación no primeiro semestre do ano un 22%.

Aluman protagoniza proxectos construtivos que incorporan fachadas tecnolóxicas que se calculan, deseñan, fabrican e distribúen desde Arteixo e que representan máis do 60% da carteira de negocio. O EBITDA consolidado é de 3,8 millóns, un 733,3% superior ao exercicio pasado coa previsión de pechar 2022 cunha facturación próxima a 84 millóns.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)