Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Sabadell Gallego, premiado polo Club Financeiro de Santiago



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 23 DE NOVEMBRO DE 2022 · (0)



Esta mesma tarde ás 19:30 horas na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos a entidade entregaralle o X Premio á Excelencia Empresarial a Pablo Junceda, director xeneral adxunto en Banco Sabadell e máximo responsable en Galicia, Asturias e Castela-León. O asturiano tamén foi nomeado director adxunto da entidade de orixe catalá hai xusto un ano.


Con él estarán o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo; e o presidente do Club Financeiro, Roberto Pereira Costa. O galardón recoñece a traxectoria profesional e “valora en especial virtudes como a boa xestión, o impacto económico na comunidade e os obxectivos empresariais”.

Recentemente a entidade impulsou un novo TPV Smart máis áxil para o pequeno comercio porque permiten unha xestión máis eficaz do negocio e unha mellor experiencia de pago do cliente o local. Tamén traballa en fertas específicas e con equipos de xestores expertos en negocios e autónomos, porque afirma que “unha das claves para obter o éxito é escoitar ás empresas, entendelas e falarlles o mesmo linguaxe”.

O ascenso no organigrama do banco qie viviu en novembro de 2021 Junceda combínase coa Dirección Territorial Noroeste. Nado en Oviedo en 1966, iniciou a súa carreira profesional en Price Waterhouse Auditores. Previamente, estudara Dereito na Universidade de Oviedo, ademais dun máster en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade Pontificia de Comillas (ICADE), e conta tamén co Programa de Alta Dirección (IESE) da Universidade de Navarra. Casado e pai de tres fillos, Junceda sempre está vinculado, ademais, a iniciativas sociais e culturais.

Hoxe recolle o recoñecemento de moitos empresarios galegos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)