Pesca España estréase en Vigo
“Pesca España naceu, entre outras cousas, para acabar coa desinformación, derrubar os mitos e romper as barreiras que limitan o consumo dos alimentos do mar”. Así se presenta a Asociación estatal recén creada -con forte presencia galega- que decidiu celebrar a súa I Xornada Técnica este xoves 22 de decembro en Vigo. O eixo: o peche de áreas mariñas decidida pola Comisión Europea.
Na sede da Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo estarán Javier Garat, Presidente de Pesca España; Antonio Nieto, Xerente, representantes da Consellería do Mar, do Instituto Español de Oceanografía, de importantes OPPs e do sector en xeral.

Pesca España, Asociación Nacional de Organizacións de Produtores Pesqueiros, foi recoñecida polo Ministerio de Agricultura o 19 de outubro como entidade nacional e asociación de organizacións de produtores (AOP). Pero constituise a finais de maio tras a Xunta Directiva de CEPESCA, e despois de ser rubricada polos representantes dun total de seis organizacións de produtores e a elección de Javier Garat como o seu presidente.
Os membros fundadores son: a Organización de Produtores Asociados de Grandes Atuneros Conxeladores (OPAGAC), a Organización de Produtores de Buques Conxeladores de Merlúcidos, Cefalópodos e Especies Varias (OPP-3), a Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela (OPP-7), a Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Celeiro (OPP-77), a Organización de Produtores de Pesca Fresca do Porto da Coruña (OPP-13) e a Organización de Produtores Pesqueiros OPMallorcaMar (OPP-58).
Na cita de Vigo afirman que recollerán “diferentes puntos de vista” para coñecer o impacto que está a ter na actividade pesqueira e como o sector respondeu á decisión de Bruxelas que definen como “un claro desafío”. Estas son as tres mesas redondas:
● Mesa redonda 1: Historia dunha decisión: condicionantes políticos e científicos.
● Mesa redonda 2: Impacto na actividade pesqueira.
● Mesa redonda 3: A reacción do sector. Recursos e traballo institucional #ante os organismos nacionais e europeos.
Comentarios (0)