Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Traballo en equipo para conseguir mellor uso da auga na industria alimentaria



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 22 DE DECEMBRO DE 2022 · (0)



No proxecto NEXADA, que finaliza en abril de 2023, participan a Agrupación industrial Alimentaria de Galicia (Clusaga, que coordina), Catalan Water Partnership (CWP) e a Asociación de Industrias de Coñecemento e Tecnoloxía Aplicada de Euskadi (GAIA).


A iniciativa está financiada na convocatoria 2022b do programa de apoio ás AEIs do Ministerio de Industria. O obxectivo é identificar necesidades de mellora na transición á Industria 4.0 e a transformación dos procesos de tratamento de auga. Unha vez detectadas achegaranse as solucións desenvolvidas polas empresas asociadas.

Os socios do proxecto -Clusaga entre eles- subliñan que a colaboración entre os axentes dos sectores da auga e dixital vai permitir ás empresas alimentarias “superar barreiras para obter un maior control e eficiencia no seu ciclo da auga. As melloras implican maior eficiencia e aforro de auga e enerxía para as empresas”. GAIA, por exemplo, está a analizar os sistemas dunha ducia de empresas dos subsectores lácteo, mar-industria e bebidas. 

Existen diferentes tecnoloxías da auga e sistemas TEIC que poden contribuír a unha xestión eficiente na industria alimentaria (aforros nos custos de uso, minimización de verteduras). Entre elas atópanse: sensores e sistemas embebidos aplicados á mellora do control e a operación do ciclo da auga; aplicacións de Xestión intraempresa/interempresa, Solucións de Intelixencia (Big Data&Analytics), comunicacións e tratamento de datos, e nos ámbitos de Ciberseguridade, Computación e Cloud, Conectividade e mobilidade. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)