Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As catro tendencias que marcarán a xestión dos RRHH en 2023



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 23 DE DECEMBRO DE 2022 · (0)



Gran parte da transformación neste eido vén relacionada co modelo de traballo, máis flexible á hora de encaixar horarios e equipos e os desafíos evidentes que iso supón para a empresa. Fálase moito de traballo asíncrono e de semana laboral de catro días. Sube o coworking e o teletraballo será unha opción, pero minoritaria.


Dende o Grupo SPEC, unha empresa tecnolóxica con sede en Barcelona especializada en solucións de control horario e accesos, fixeron este resumo das tendencias en RRHH que debuxarán o escenario en 2023.

Traballo asíncrono

Nos últimos meses poida que teñas escoitado falar desta modalidade de traballo. A diferenza do tradicional, no que priman os horarios e que todos os empregados deben ter o mesmo ou parecido no traballo asíncrono os equipos traballan en distintos momentos do día e non teñen por que coincidir entre eles. Estase abrindo ante a necesidade de implantar modelos laborais menos custosos e máis produtivos.

A xornada de 4 días

O BOE acaba de publicar o plan piloto do Goberno para reducir a xornada laboral sen reducir os salarios. O Ministerio de Industria outorgará axudas de ata 150.000 euros ás pemes que, durante un mínimo de dous anos, proben a semana de traballo de catro días, implantando unha redución de polo menos un 10% da xornada e sen baixar o salario dos seus empregados. En países como Bélxica, xa existe unha lei que permite os traballadores concentrar o seu tempo e pasar de cinco a catro xornadas.

Profesionais sen fronteiras

Máis do 70 % de empresas ten problemas ao tentar cubrir as súas vacantes, especialmente en perfís cualificados. Unha situación que lonxe de solucionarse. Pode empeorar durante o ano que vén (Estudo «Tendencias de RRHH 2023 das empresas españolas» de Randstad e CEOE). Este punto está relacionado cos novos modos que seguirán vixentes en materia de recrutamento: a captación será cada vez máis virtual, para estenderse e captar talento global. As videoentrevistas son cada vez máis frecuentes.

Coworking

Aínda que 2020 foi o ano do despegue do teletraballo en España e 2021 o da súa consolidación, 2022 foi o da súa freada. O teletraballo descendeu no último ano nas empresas españolas, só un 13% dos empregados pode facer uso do teletraballo de maneira habitual no país. Con todo si que sube existe unha coñecida tendencia no modo no que se traballa e é o coworking. Segundo datos de Savills Aguirre Newman, calcúlase que o coworking en 2030 supoñerá un 30% da oferta de oficinas a nivel nacional.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)