Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O programa piloto Es-Mentoring crea unha rede de máis de 50 persoas mentoras na economía social



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 26 DE DECEMBRO DE 2022 · (0)



18 cooperativas e 2 asociacións no sector da discapacidade participaron nel. Hoxe celebrouse en Santiago de Compostela a presentación dos resultados dun proxecto creado por EspazoCoop, AGACA e a Consellería de Promoción do Emprego.


Es-Mentoring diríxeseempresas da economía social cunha necesidade específica ou nun momento de crise, proceso de cambio ou transformación e con interese por compartir as experiencias doutras con maior traxectoria, que as aconsellan.  Segundo explica Higinio Mougán, Director-Xerente de AGACA,o mentoring non é asesoramento, é un proceso de cambio interno da entidade que redirixe cara novas orientacións empresariais en función das necesidades. Na medida do posible seguiremos prestando apoio porque os cambios sociais non se poden implementar de maneira rápida”. 

Ana Olveira, Presidenta de EspazoCoop, engade que a través deste proxecto pódese "poñer en marcha un programa moi demandado co principio da intercooperación, poñendo en contacto persoas que pasaron por un proceso con outras que van pasar o proceso e queren saber que facer. É intelixencia colaborativa". Na xornada participaron con Mougán e Olveira, María Jesús Lorenzana, Conselleira de Promoción do Emprego e Covadonga Toca, Secretaria Xeral de Apoio ao Emprego que salientaron os resultados e obxectivos alcanzados para ser unha primeira edición.

En total atendéronse a 20 entidades da economía social de Galicia, 18 cooperativas e 2 asociacións no sector da discapacidade das 29 solicitudes recibidas para participar. Creouse unha rede de 55 persoas mentoras da economía social (33 mulleres e 22 homes) para atender as solicitudes recibidas, todas con coñecemento sobre o funcionamento e os procesos no tecido socioeconómico. As áreas de mentoría foron: comercialización, comunicación, económica – financieira, organizativa, RSE, innovación, ODS, transición dixital e internalización. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)