Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Carnes e pescados, cada vez máis luxo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 27 DE DECEMBRO DE 2022 · (0)



Para axudar en algo a levar unha inflación sen precedentes recentes, e durante seis meses, o IVE superreducido dos alimentos pasa do 4% ao 0%. E o IVE reducido para certos produtos baixa do 10% ao 5%, como aceite e pasta. Pero mantéñense no 10% carnes, peixes, conservas, alimentos preparados, auga embotellada, iogures e café.


Pasan do 4% ao 0% os produtos con IVE superreducido: pan, fariñas panificables, leite, queixo, ovos, froitas, verduras, hortalizas, legumes, patacas e cereais. E en boa lóxica as patronais da industria cárnica e as peixarías están enfadadas polo agravio comparativo anunciado esta mañá por Pedro Sánchez. Piden unha reunión urxente. “Se con esta medida está a promoverse que a sociedade española non consuma carne, imos por mal camiño e atoparannos de fronte”.

En resposta á comparecencia de prensa de hoxe de Pedro Sánchez, onde entre outros alimentos as carnes non foron incluídas na listaxe de rebaixa ou eliminación do IVE, desde Anafric, patronal cárnica, lembran que “o sector vén reclamando desde hai tempo unha rebaixa do IVE nun alimento básico na cesta da compra” e indican que os comercios de proximidade, entre eles carnicerías e charcuterías, son os establecementos que máis están a sufrir a crise. “Cada día cómprase menos porque as familias non poden consumir carne. O sector cárnico non só é a gran industria, tamén forma parte deste sector e dunha forma moi importante, o pequeno establecemento de barrio, que se verá afectado”. Por non falar dos gandeiros, orixe da cadea. 

Feijoo pedía, precisamente a finais de setembro unha rebaixa do IVE do 10% ao 4% de carnes, peixes, aceites, auga e conservas.  



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)