Sae á luz o Plan Estratéxico da Conserva 2022-2030 con 80 medidas
Elaborado polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar e Anfaco-Cecopesca, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a Conselleira do Mar, Rosa Quintana; presentaron esta mañá en Vigo esta folla de roteiro. Vai actuar en sete eixos: financiamento, produción, comercialización, exportación, I +D+ i, emprego e reputación social. Financiouse con 61.839 €.
Hai medidas e propostas específicas para diversificar mercados e chegar a máis lugares fóra da Unión Europea; poñer en valor produtos locais e as marcas históricas; darlle novos púlos ao comercio eléctrónico, a robotización e o I+ D+ i-; atraer talento e garantir a substitución xeracional reforzado reforzo a FP Dual vinculada co sector e implantando a xornada laboral de 32 horas. Tamén para promocionar a dieta atlántica.

Sete de cada dez quilos de conserva exportados en España saen de Galicia, as conserveiras galegas facturan ao ano 2.500 M€, dan traballo a 12.000 persoas e son unha motor clave para a economía de moitas comarcas como a de Vigo, o Morrazo, a Costa da Morte e o Barbanza. “É certo que Galicia leva feito moito na industria conserveira, pero o espírito de superación ten que ser sempre unha constante”, dixo Rueda, incidindo na importancia da “colaboración público-privada”. Tampouco perdeu a oportunidade de lamentar o mal que a regulación europea fixo co veto á pesca de fondo que afecta a parte da frota galega e que o Goberno central aposte por unha normativa de costas cada vez máis restritiva. Ademais, da nula rebaixa do IVE que acaba de anunciar o Executivo do Estado en peixe nin carne que afirman son “ alimentos básicos da cesta da compra dos galegos. É preciso un cambio de fiscalidade nestes produtos que son considerados esenciais”.
O obxectivo deste Plan: que, a pesar dos retos e dificultades do actual contexto económico, a industria conserveira galega siga sendo a industria punteira e referente que sempre foi. A encomenda de servizo para elaboralo foi encargada a Cetmar e á Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas, e supuxo recoller e analizar a información, as perspectivas e expectativas dos axentes interesados, facer unha diagnose dos datos e das interaccións e un debate cos representantes do sector nun taller participativo.
Comentarios (0)