Os aloxamentos rurais de Galicia e País Vasco, os mellor puntuados
Teñen un 4,7 sobre 5 segundo o IX Barómetro do Turismo Rural en España que vén de saír. Iso non quere dicir que sexan os máis reservados, a proximidade a Madrid ou Barcelona xoga a favor doutras zonas. Cataluña lidera a clasificación de CCAA máis demandadas co 23,7% de reservas e séguenlle Castela e León co 12,5%.
O portal de aloxamentos rurais Clubrural amosa neste último informe a evolución en 2022, axuda a detectar novas Oportunidades e tamén as ameazas do sector. Entre as últimas, a crise enerxética e o despoboamento. Os propietarios buscan alternativas como a instalación de estufas de pellets, placas fotovoltaicas e calefacción de auga por caldeira ante os custos enerxéticos. O despoboamento, ademais, causa ausencia de actividades e a desaparición de pequenos negocios, prexudicando a longo prazo. (Na imaxe casa "Cabo do mundo", na Ribeira Sacra de Nogueira, Chantada).

A maior concentración de aloxamentos está en Castela e León cun 20,1. Séguenlle Andalucía (13,8%) e Cataluña (12,9%) e malia manterse os prezos medios (persoa/noite) en 32€ con hai comunidades con maior prezo medio pola demanda: Illas Baleares cun 73,3€, seguido moi de lonxe pola Comunidade de Madrid (36,0€) e País Vasco (35,0€). A valoración media nacional sobre os establecementos é bastante positiva cunha puntuación de 4,4 sobre 5 puntos. E destacan Galicia e País Vasco cun 4,7.
Destinos
Máis do 34% das peticións de reserva fanse en xullo e agosto, mentres que o mes de decembro acapara o 15,2%. A tempada alta no turismo rural dáse na época de verán e séguenlle Nadal, os dous perídos vacacionais por excelencia. Tamén abril cun 10,4% e outubro con máis dun 6%, pola Semana Santa e as pontes.
Pero a forma na que reservan os viaxeiros cambiou con respecto ao ano pasado: no 2021 a antelación foi maior á do 2022 pola dunha diminución da incerteza coa xestión da pandemia e desaparición das restricións de mobilidade. Este planificouse a súa escapada con máis días de anticipación. Cataluña lidera a clasificación de CCAA máis demandadas co 23,7% de solicitudes de reserva. Séguenlle Castela e León co 12,5% e Andalucía co 11,7%. Este ano, Castela e León desbancou a Madrid da segunda posición da clasificación. As provincias máis demandadas en 2022 son Barcelona (11,94%), Madrid (10,01%) e Asturias (7,19%).
Que pide a xente
Os servizos con máis solicitudes son aloxamentos “pet friendly”, os que teñen piscina climatizada e as casas que contan con zonas infantís ou idóneas para ir con nenos. Tamén ten tirón o alugueiro por habitacións co 59,5% das reservas totais. En canto á capacidade máis demandada, triunfaron as escapadas de entre 1-4 persoas cun 95,6% das reservas. E en parella.
A través dos datos solicitados e informes relacionados como Perfil e tendencias identifícanse oportunidades para o crecemento: viaxeiros eco-conscientes, o enoturismo e a crecente solicitude de aloxamentos pet friendly xa citada. O turismo rural aparece así como a mellor opción para os amantes domundo do viño polas visitas a viñedos, adegas e catas.
A maiores datos intresantes: o 22,7% dos propietarios xa contan con placas solares e o 20,4% ten intención de instalalas a medio prazo; tamén identifícase unha tendencia á domotización vencellada co aceso e apagado de electrodomésticos para o aforro.
Comentarios (0)