Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As empresas coruñesas miran a 2023 con prudencia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 29 DE DECEMBRO DE 2022 · (0)



Son moderadamente optimistas no que ten que ver co aumento da súa cifra de negocio, vendas interiores, xeración de emprego e investimentos e cunha visión máis prudente co nivel de confianza fronte ás exportacións. Os retos: custos laborais, enerxía e materias primas, escaseza de persoal cualificado ou interrupción das cadeas de subministración.


Así o reflicten os resultados da enquisa de Perspectivas Empresariais 2023, coordinada por Eurocámaras, coa participación da Cámara de Comercio da Coruña. Este informe é froito das consultas realizadas a preto de 42.000 empresas de toda Europa sobre a situación e expectativas dunha serie de variables de interese para os seus negocios, nas que participaron 2.480 empresas españolas e 120 da Coruña. Amosando estes datos.

As expectativas das empresas da provincia da Coruña que participaron na enquisa sobre a evolución dos seus negocios durante o ano 2023 son optimistas, sobre todo, no referente a “Aumento de cifra de negocio” (saldo de 10 puntos), “Xeración de emprego” (saldo de 8,9 puntos), "Vendas interiores" (saldo de 5,1 puntos) e “Investimento” (saldo de 3,8 puntos). O dato máis baixo reflíctese nos apartados de “Confianza de fronte ao 2023” (saldo de -33,7 puntos) e de “Exportacións” (saldo de -16,7 puntos).

Os custos laborais serán o principal condicionante da actividade para o 70,7% das empresas coruñesas participantes. En segundo lugar, o 52,6% ve con preocupación o acceso alcanzable á enerxía e materias primas e o 51.7% das empresas indicaron que lles preocupa a falta de persoal cualificado. A interrupción das cadeas de subministración e as condicións de financiamento son outros dos retos importantes que se manteñen para 2023.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)