Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Mañá abre o prazo das axudas “Investigo” para contratar a profesionais menores de 30



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE XANEIRO DE 2023 · (0)



Son 9,1 millóns de euros, malia que moitos deles irán a organismos públicos ou subvencionados con estes cartos como universidades públicas, centros tecnolóxicos e entidades públicas e privadas sen ánimo de lucro. Pero tamén a empresas que estean a investir en investigación e innovación e parques científicos.


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou hoxe a convocatoria de 2023 da segunda convocatoria para a contratación por conta allea de menosres de 30. As axudas oscila entre os 22.405,92 e 33.108,84 euros por persoa, financiándose os custos laborais e salariais, incluíndo os gastos de cotización por todos os conceptos á Seguridade Social. Os contratos terán que contar cunha duración mínima de 12 meses a xornada completa.

Os traballadores, ademais, deben estar centrados no desenvolvemento de iniciativas de investigación e innovación, e tamén priorizaranse as ocupacións referidas á economía circular e o emprego verde. A previsión é que a través desta liña de axudas con cartos públicos póidase contratar a un mínimo de 277 mozos e un máximo de 409, en función dos módulos salariais a aplicar.

A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, visitaba esta hoxe en Culleredo a compañía Citanias, unha das beneficiarias dos apoios deste programa na súa primeira edición do pasado ano. Pertencente ao sector da construción -espazos comerciais, edificación, obra civil e enerxías renovables con 12 filiais en 5 países- recibiu a través do seu departamento de I+D preto de 415.000 euros que lles permitiron contratar a quince novos profesionais.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)